Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas TIC. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de abril de 2019

Google Arts & Culture

Ola!

   Para rematar coa recopilación de entradas comentando diversos recursos, véxome na obriga de falarvos de Google Arts & Culture, pois non coñecía esta páxina e paréceme unha boa alternativa para traballar na aula. 

   Esta plataforma é como un museo virtual de todos os museos do mundo, na que se poden descubrir e contemplar obras de arte online con todo detalle. Actualmente hai máis de 45.000 obras en alta resolución e cada obra inclúe un panel informativo que permite ao alumnado coñecer máis acerca dunha obra pictórica concreta. Indagando na páxina atopei diferentes galerías moi interesantes que poderían ser tratadas na aula para tratar o tema dos hábitos saudábeis, como poden ser Alimentación y Cultura e Historia de la bicicleta. Ademais, tamén conta con reportaxes fotográficas, entre as que atopei interesantes: Héroes del deporte e La cocina de la libertad.

   E ata aquí a búsqueda de novos recursos; permanece atentxs, que pronto vos traeremos os nosos propios recursos!


Liña ou bingo?

  Hoxe tráivos unha nova forma de xogar ao bingo nas aulas.

  Con Tools for educators poderedes crear bingos con textos ou imaxes personalizables e imprimibles. Poden ser de 3x3 ou 4x4 de calquera temática e en calquera idioma. Mentres que con Print-bingo tendes varias opcións para imprimir as tarxetas, poden ser as estándar numeradas, unhas personalizadas con palabras ou frases ou simplemente tarxetas en branco.

  Ámbalas dúas ferramentas son moi sinxelas de usar e non necesitan nin rexistrarse, simplemente escolles a tarxeta que máis che guste, imprimes e a xogar!

Crear pósters e murais

 Moi boas!! Xa estamos de novo por aquí para traervos as últimas ferramentas TIC que vos permiten xerar actividades educativas, esta vez trátase de...
 É unha ferramenta que permite crear pósters e murais dixitais multimedia, coa opción de imprimilos ou de insertalos nunha web (blog), puidendo proxectalos en clase mediante unha pizarra dixital (PDI) como apoio á presentación de determinados contidos didácticos. Para imprimir o mural simplemente pulsamos sobre el co botón dereito do ratón. A aplicación é moi coñecida e utilizada no entorno educativo, precisas rexistrarte pero é fácil, divertida, creativa e con moitas posibilidades lucrativas.

 Nos pósters interactivos pódese incluír texto, adornos vistosos, vídeos, imaxes, audios, etc. Cando lle demos a crear o póster, abrirase unha páxina que conta con oito seccións:
- Graphics: insertar todo tipo de deseños decorativos.
- Text: insertar texto simple ou insertalo en diferentes marcos.
- Image: añadir fotos e imaxes.
- Vídeo: incluír vídeos desde o noso ordenador ou desde Youtube.
- Sound: añadir audios.
- Data: introducir datos.
- Draw: realizar debuxos.


 Axúdanos a fomentar a creatividade entre o noso alumnado e permite realizar e resumir conceptos, realizar recopilacións de audios e vídeos, exposición de fotografía e imaxes, presentar lecturas, xogos, traballos, artigos, etc.

mércores, 3 de abril de 2019

Sopa de letras

Ola!

   Hoxe vouvos falar de xeradores de sopas de letras; Ensopados é unha plataforma online que permite crear sopas de letras dunha forma moi sinxela. Podes elexir o tamaño, que vai dende 7x7 ata 19x19; a direción das palabras, poidendo incluír palabras invertidas e que aparezan ou non nunha lista as palabras a buscar. Esta sinxela plataforma permite imprimir o recurso ou facelo de forma online en tempo real.

   Persoalmente penso que é un bo recurso para nenxs de 4º de Educación Primaria, pois este tipo de pasatempos requiren concentración, estratexia e memoria; todo isto supón un esforzo mental do pequeno, que potencia tanto a súa capacidade lingüística como a súa axilidade de cálculo.

   Hai múltiples plataformas onde facer estes recursos, como Educima que aínda que é moi práctico, non ofrece a posibilidade de xogar online, só permite imprimir o recurso e modificar cantas veces queiras a sopa de letras, ou Educaplay, plataforma da que xa vos falamos anteriormente e que empregaremos para facer diversas actividades polo práctica e útil que é.

   Estade atentxs, pronto vos traeremos máis novidades.


Mapas conceptuais


  Aquí de novo!

  Hoxe gustaríame falarvos sobre 2 recursos para a creación de mapas conceptuais, Mindomo e Wikimindmap.

  Mindomo é unha páxina moi cómoda e sinxela de usar, pois ben, o único requisito que precisa é que elixas a túa interfaz (estudiante, profesor/a ou persoal/negocios) e te rexistres co teu correo electrónico. Nun principio presentase como gratuíta, pero se queres elaborar un número ilimitado de mapas ou acceder a algunhas aplicacións especiais deberás escoller a opción de pago. A gran vantaxe que Wikimindmap ten sobre esta é a dos hipervínculos, pois ben, con esta última a través dunha palabra ou frase podemos ter toda a información que queiramos en forma de diagrama. 

  Estas dúas ferramentas son moi útiles para todos os cursos pero, en especial, para 4º de primaria (curso ao que van enfocados todos os nosos recursos), pois é un curso no que se deben sentar unhas boas bases para aprender a estudar e así comezar a facer exames.








Nubes de palabras

 Ola de novo!

 Hoxe vouvos falar sobre dous xeradores de nubes de palabras:
 É unha aplicación en liña gratuíta que serve para xerar nubes de palabras ás cales se lle poden dar diversos formatos visuais, a partir dun texto libre ou mesmo dun texto que contén unha web determinada. Para a docencia trátase dunha ferramenta sinxela e motivadora coa que plantexar numerosas actividades de aula. Simplemente debemos acceder a ela e pulsar en Crear, deste modo accedemos a outra páxina na que xa poderemos escribir o texto, a URL dun blog ou sitio web e darlle o deseño que máis nos guste.

 Puntos a favor:
- As nubes dan maior prominencia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto de orixe.
- Pódese variar a letra, as cores e a disposición das palabras.
- Cun código necesario pódese insertala no voso respectivo blog ou web. 
 Puntos en contra:
- A aplicación encárgase de eliminar cifras, signos de puntuación e palabras demasiado usuais como artigos e preposicións.
- Non se pode gardar a imaxe directamente.

 Tamén é unha aplicación en liña e gratuíta que serve para xerar nubes de palabras (coma o seu nome indica) a partir dunha lista de palabras, texto ou URL que daremos nós. Tras isto pódese personalizar as cores, escoller un deseño de forma para a nube de tags, a fonte, etc.
Posee moitas opcións que a converten nunha app bastante práctica para utilizar na aula co alumnado, resaltando graficamente as palabras clave dun unidade didáctica.



mércores, 27 de marzo de 2019

Crucigramas

Ola!

   Xa estou de novo por aquí, hoxe para falarvos sobre xeradores de crucigramas.

   Cross Word Puzzle Games é unha plataforma que permite crear crucigramas imprimibles e de diferentes tamaños. É un bo recurso para empregar cando non se conta con ordenadores nas aulas, pois estes crucigramas non se poden facer de maneira online.

   Crossword Puzzle Maker é outra plataforma similar a anterior, cunha interfaz máis visual, pero sen a posibilidade de facer a actividade online. Educima tamén ofrece a posibilidade de crear crucigramas, de feito fixen un nesta páxina, pero ante a imposibilidade de poder facelo de maneira online, decidín facelo en Educaplay.

   Permanecede atentxs que aínda quedan moitos recursos por descubrir!

Ferramentas TIC para xerar actividades educativas. Kubbu

  Moi boas a todas e a todos, xa estamos de volta!!

 Nesta entrada e nas seguintes, tanto as miñas compañeiras máis eu, imos a falarvos sobre as ferramentas TIC que permiten xerar actividades multimedia educativas dentro da pedagoxía. Cando sexamos docentes e comecemos a impartir clases empregaremos numerosos dispositivos tecnolóxicos, os cales, se son utilizados de maneira correcta, convértense nunha ferramenta poderosa para buscar unha mellora na atención e no rendemento académico do alumnado. Cabe mencionar que a pesares destes avances nos instrumentos didácticos, elevándose con eles a calidade da labor coma mestras e mestres, non podemos descoidarnos da redacción e da habilidade de escribir en papel, que poden chegarse a malograr sen non as temos en conta.

 Necesitaremos materiais que se adapten ás novas formas de presentar tanto os contidos coma o método de traballo escollido, sen esquecernos da relevancia que ten adaptarse a totalidade e a diversidade de alumnado dentro da aula. Seguramente pasemos gran parte do noso tempo buscando en internet recursos didácticos relacionados coa materia a dar, ben sexan presentacións, mapas conceptuais, vídeos... cos cales motivar e sacarlle o máximo proveito ás posibilidades das novas tecnoloxías. Xa sabemos que en internet pódense encontrar actividades educativas entretidas, interesantes e de gran calidade, pero moitas veces non se axustan aos nosos obxectivos fixados con anterioridade ou á nosa forma de plantexar as actividades.

 Dito isto, pasamos a comentar a primeira ferramenta que utilicei para crear unha actividade que xa veredes en entradas póstumas. Trátase da plataforma Kubbu, a cal ofrece un software para construír e almacenar exercicios interactivos online e de maneira gratuíta (sempre e cando a clase á que vai dirixida non supere os 30 estudantes). Non precisa ningún tipo de instalación, é de fácil acceso e sinxela de empregar. Conta con numerosos tipos de actividades variadas:

  • Match: tipo dominó no que tes que asociar unha definición coa súa resposta. Adecuada para empregar na aula á hora aprender palabras novas, sinónimos, antónimos, etc.
  • Divide: clasificar diferentes conceptos ou definicións dentro de categorías ou grupos.
  • Slider: xerar tres tipos de tests distintos:
    • Sinxelo: unha única respuesta correcta entre catro opcións.
    • Resposta múltiple: máis dunha opción correcta.
    • Climb up: subir dificultade das preguntas a medida que o test avanza.
  • Composer: xerar cuestionarios con opcións de resposta sinxelas e múltiples, ou falso e verdadeiro. Permite traballar con sons e imaxes para crear unha experiencia multimedia e interactiva.
  • Crossword: crucigramas que se xeran de forma automática tras darlle ao programa unha serie de palabras e definicións.




 Esta aplicación déixanos imprimir os xogos, os crucigramas e os cuestionarios que creemos, coas súas follas de respostas para a posterior revisión, xa que podemos controlar tanto o rendemento da clase coma comparar e ordenar as avaliacións segundo os diferentes criterios.

Quebracabezas


  Canto tempo blogueirxs!

  Nesta entrada gustaríame ensinarvos un  recurso moi sinxelo para crear quebracabezas como é Jigsaw. Esta ferramenta é do máis sinxelo que poderedes atopar, pois ben, só é preciso ter unha conta de correo electrónico para poder rexistrarte e,unha vez feito isto, elixes unha imaxe que se convirtirá nun quebracabezas coa cantidade de pezas que ti elixas. A cada imaxe podes engadirlle un título para poder distinguilos e que sexan mais doados de atopar na túa conta persoal.

  Outro recurso para a creación de quebracabezas pode ser Puzzlemaker. Este tamén e doado de usar e, ademais, conta cun filtro que evita a creación de palabras que poidan ser ofensivas e coa opción de poder imprimilo para poder recortalo e pegalo na aula.

  Non pechedes os ollos que seguimos engadindo máis recursos 😊



mércores, 6 de marzo de 2019

Tres recursos para escoller

 Boas a todxs!
 Hoxe voltamos a un mesmo post as tres autoras deste blog para presentarvos os nosos respectivos recursos que elaboramos con cansúa aplicación. Todas tratamos de promover os hábitos saudábeis de diferentes maneiras:

 A través da historia de Brais, un neno un pouco descoidado, fixen un Storytelling que podedes ver en Youtube (Historia de Brais). A aplicación Powtoon foi a que me permitiu crear este vídeo, co cal creo que os alumnos e alumnas máis pequenxs poderán aprender unha historia con moraleja.



 Fixemos tamén un videoquiz do vídeo de Hábitos de alimentación no que se avalía a atención prestada facendo preguntas durante a reprodución do recurso. Este foi realizado en Educaplay, plataforma moi versátil e sinxela de empregar.



 E por último, traiovos a primeira entrega de Brando Hero, o superheroe dos hábitos saudables. As ferramentas-aplicacións que utilicei foron dúas: Maje Beliefs Comix para crear as ilustracións, e o Power Point para os bocadillos e os textos que conteñen. Foron moi doadas de usar ambalas dúas e estou satisfeita co traballo que fixen, de feito estoume replantando facer unha segunda entrega, vós que opinades? (deixádeme as vosas opinións ⬇).


  


martes, 5 de marzo de 2019

Engadimos ferramentas

  Os recursos multimedia son unha ferramenta importante para as aulas dos máis cativos e cativas polo que, ao igual que as miñas compañeiras, vouvos ensinar algúns recuros que vos poden ser útiles para a docencia:

👉 Powtoon: esta é a ferramenta que eu utilicei para o meu recurso, un storytelling. Esta páxina é bastante coñecida xa que a través de imaxes e sons podes plasmar as historias que queiras, dende unha explicación académica ata unha historia ficticia. É moi útil e sinxela de usar, conta con opcións en balde e outras premium polas que hai que pagar.

👉 Unha aplicación moi innvadora para a xeración de cómics e debuxos animados é Xtranormal, está permite a creación de mundos en 3D con diferentes escenarios, música e efectos, os inconvintes máis destacables son que a maioría de opcións son de pago e a voz de sintetización é en inglés. Esta ten grandes vantaxes pero tamén grandes inconvintes

👉 Edpuzzle:esta é unha aplicación que permite crear vídeos con preguntas que o alumnado poderá responder e a profesora ou profesor poderá ver os resultados e avalialos. É unha aplicación gratuíta sinxela e moi útil dentro da aula xa que o/a docente poderá grabarse así mesmo ou simplemente poñer a súa voz e facer preguntas con resposta múltiple, abertas ou de encher ocos.

👉 Á hora de facer un vídeotutorial de Microsoft recomendo Movie Maker. Esta é bastante coñecida polo que existen bastantes videos en Youtube que che sirvirán de explicación para como utilizar devantita aplicación, un moi completo é o de Libra Producciones.

  Agardo que vos fosen útiles as miñas recomendacións, vémonos no seguinte post!

EducaTIC

 Ola!

 Xa estou de novo por aquí. Hoxe vos veño a ensinar novas ferramentas que poderedes empregar na creación de recursos multimedia para a aula. Antes de nada, espero que xa lle botarades unha ollada ás ferramentas das que vos falou a miña compañeira na entrada anterior, pois son moi útiles e prácticas.

 Dito isto, preséntovos algunhas ferramentas máis:

👉 Educaplay é unha plataforma online para a creación de actividades educativas multimedia. Ten unha interfaz moi sinxela que permite realizar numerosos recursos (videoquiz, crucigramas, mapas interactivos, sopas de letras, etc.) para empregar na aula e aprender, así, dunha forma máis dinámica.

👉 PowToon é unha ferramenta online que permite crear vídeos e presentacións animadas. É moi sinxela de empregar e ten unhas gráficas moi boas e atractivas para que o alumnado preste atención á materia.

👉 Clipchamp é un editor de vídeos online que ten os axustes básicos para facer unha breve presentación multimedia. Persoalmente non coñecía esta plataforma, e despois de "fisgonear" un pouco é de admitir que para saír do paso non está mal. Con todo, contar cun programa adicado á edición probablemente sexa a mellor alternativa, pois poderá soportar unha maior cantidade de clips, ademais de que as opcións á hora da edición serán maiores. Como punto negativo para este software, só se pode empregar co navegador Google Chrome.

👉 Toontastic 3D é unha aplicación gratuita para os dispositivos móviles que permite a creación de
historias propias, empregando elementos dixitais diseñados dunha forma moi atractiva para motivar a creatividade dos máis pequenxs.

 Espero que estes minutiños que empregástedes en ler isto os foran de utilidade para coñecer algunhas das moitas ferramentas que temos a nosa disposición para a práctica da docencia.

  Vémonos pronto!

Recursos multiTIC


 Paréceme que é importante comunicarvos a todxs os que estades a ler isto nestre intre, sobre todo a aquelas persoas relacionadas co mundo educativo, que existen unha gran cantidade de ferramentas a nosa disposición para crear e deseñar recursos multimedia adaptados ás aulas e aos máis pequenxs. Entre todos eles encontramos:

👉 Book Tráiler é unha ferramenta atractiva para usar na clase e fomentar a lectura, xa que se trata dun pequeno vídeo que promociona ou anticipa un libro en Internet. Soen ser de curta duración e gran intensidade para captar a novxs lectores que están máis vinculados ás series e á televisión. A través de imaxes e audios intentarase mostrar o contido do libro que se pretende promocionar ou anticipar. Tampouco é tarefa sinxela, cómpre traballo e implicación no proxecto.

👉 Para a creación dun cómic ou de debuxos animados destaco Maje Beliefs Comix e Pixton. A primeira foi a que utilicei para facer o meu cómic, sinxela de uso e con moitas opcións para elixir. Logo está Pixton, outro xerador de cómics moi completo que deixa tanto personalizar os personaxes coma engadirlles expresións e posturas. O único que non me gustou desta última aplicación, foi que precisas rexistrarte con anterioridade.

👉 Cando queramos facer un videotutorial temos que saber como realizar unha captura do vídeo e da pantalla propia para poder mostrar o que se está a facer. Recomendo utilizar Atube-catcher,  un manual que nos ensina paso a paso como facelo e de maneira amena.

👉 Stop Motion é un recurso moi usado na animación que consiste en dotar de movemento a obxectos estáticos mediante unha sucesión de imaxes fixas. Require traballo e paciencia, posto que tes que fotografar fotograma a fotograma pequenos cambios de figuras ou materiais maleables como son a plastilina, algúns bonecos pequenos ou recortes de papel. Déixovos un pequeno exemplo para que vexades a dinámica e vos riades un rato: https://www.youtube.com/watch?v=JIWORIShMi0.

👉 Storytelling permite ao alumnado crear unha historia real ou ficticia (relacionado co tema de estudio) de tal maneira que lle estamos dando a oportunidade de aprender dunha maneira innovadora e motivadora para eles, buscando unha aprendizaxe significativa. É un medio de entretemento visto como unha ferramenta educativa moi eficaz. Unha páxina para crealo sería Story Bird.

 Para concluír, escollamos unha ferramenta ou outra, temos que ter sempre presente a quen vai dirixido, debendo de estar adaptados ás súas idades e capacidades. Ademais, non se trata de pór un montón de cousas, antes calidade que cantidade, por isto hai que facer un contido que recolla todo de maneira sintética pero exhaustiva.

martes, 19 de febreiro de 2019

O novo TIC-TAC

  Como ben dixo a miña compañeira no seu anterior post, a ensinanza está a sufrir un sosegado cambio, un lento TIC-TAC,  pola aparición de novas ferramentas didácticas como son as TIC.

  Ensinar dunha forma amena e divertida nunca foi tan doado coma ata agora, as novas tecnoloxías encántanlles aos máis cativos polo que, todo o profesorado debe estar a altura e permitirlles desenvolverse neste medio e que ir á escola se convirta nun mero pasatempo.

 

  Entre toda a infinidade de recursos TIC que existen, os 3 que seleccionei que máis se adaptan ao noso proxecto son:



 Este é un canal de Youtube que presenta unha infinidade de vídeos nos que os mais cativos aprenderan dende as notas musicais ata as tablas de multiplicar en inglés. É un canal gratuito que adapta cancións para nenos e nenas de ata 12 anos. Un exemplo dos vídeos é a "Canción de las frutas" , no cal todos e todas aprenderan cantando e bailando o nome e características das froitas.




  Este é un recurso web orientado a nenos e nenas de 2 a 8 anos que conta cunha inmensa cantidade de xogos para que aprendan inglés dunha forma divertida. Todas as actividades están agrupadas por idades e categorías, segundo o que queiras aprender, por exemplo, se elixes actividades de hixiene contas con 4 xogos diferentes relacionados coa hixiene persoal. Tamén conta cun blog no que os pais e nais poden deixar consellos ou ideas que lle sirvirán de axuda a outros.

Como vemos na foto, conta cun abanico de categorías que serán moi útiles para todos os mestres e mestras, xa que os máis cativos poderán aprender dende o abecedario ata as partes da cara.






  Esta páxina, que ten por lema a puericultura, serve para educadores, pais e nais e nenos e nenas, que contan con varios apartados enfocados a cada un deles. No caso dos maiores podemos encontrar un apartado para as últimas noticias, un blog e ata a posibilidade de comprar xoguetes que che enviarán ao teu domicilio.


Este recurso tamén conta cunha aplicación para o móvil enfocada aos bebés, eMyBaby. Ten varios apartados como son o vixía bebés, unha ficha médica onde poderás apuntar a súa evolución ou unha opción multimedia con cancións e sons.













TICmanía

 Que hai de novo?
 Hoxe vos traio tres novos recursos para empregar na aula e facer máis ameno e atractivo o tema dos hábitos saudábeis:

Las aventuras de Spoti



 Trátase dun xogo interactivo que ten como finalidade fomentar os hábitos saludables nxs nenxs a través da realización de 12 minixogos que teñen que superar para que Spoti chegue ao final da colina, onde se atopan os seus amigxs. Ademais inclúe unha guía e unhas fichas informativas e de actividades para complementar ao xogo.


Hábitos de alimentación


 Vídeo didáctico e atractivo que en menos de cinco minutos fai un breve resumo dos hábitos de vida saudábeis máis básicos. Ideal para unha primeira toma de contacto do alumnado.


Just Dance

 Trátase dun videoxogo musical no que xs nenxs terán que copiar a coreografía que se mostra na pantalla. Polo xeral, xógase cunha videoconsola e grazas ao emprego dos mandos poderase levar a cabo un ranking. Sen embargo, de non poder contar con este dispositivo, pódese facer uso dos vídeos que hai colgados en YouTube. Ademais, de esta maneira, non existirá a competitividade e non haberá pelexas por coller os mandos. É unha alternativa ideal para ocasións especiais.

 En definitiva, esta só é unha pequena selección da multitude de recursos que hoxe en día podedes atopar na rede para traballar os hábitos saudables na escola.

 Isto é todo amigxs, vémonos pronto!

martes, 12 de febreiro de 2019

Un recuncho con recursos TIC

 Na actualidade, xa sabemos que as novas tecnoloxías desempeñan un papel destacable dentro do ámbito escolar, xerando entre a diversidade de alumnado existente, un incremento positivo no proceso da aprendizaxe. Con isto demóstrase un dos moitos beneficios que a aplicación da informática ofrece á educación.

Fonte: http://www.tecnohotelnews.com/2015/09/las-nuevas-tecnologias-eje-del-congreso-turismo-para-todos/#prettyPhoto[pp_gal]/0/

 As numerosas ferramentas TIC proporciónanlle á docencia, entre outras cousas, novas opcións de ensinanza e estratexias para que o alumnado aprenda dunha maneira máis rápida, fomentando ao mesmo tempo a súa creatividade; tamén lles permite realizar adaptacións específicas para aquel alumnado que presente dificultades na aprendizaxe, sendo, ademais, unha gran axuda para o progreso daqueles alumnos e alumnas que posúan algún tipo de discapacidade, enfermidade ou trastorno.



 Tralo anteriormente dito e seguindo as indicacións da docente, propúxenme antes de nada a revisar os enlaces amosados nunha carpeta do curso. Das páxinas consultadas, estas dous son as que máis me gustaron:


 Neste enlace podedes encontrar xogos educativos online e gratuítos tanto para infantil coma primaria (cos seus respectivos cursos). Indo a calquera destes dous apartados e pinchando sobre as ciencias naturais, amósanse algúns xogos relacionados co tema dos hábitos saudables, dando a oportunidade aos nenxs de coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, as froitas, a enerxía que temos durante o día... Todo isto mentres unha/un xoga, posto que non hai mellor método para aprender que xogando.


 Este blog recolle unha serie de ferramentas, vídeos e noticias sobre a educación que a web 2.0 proporciona, sendo susceptibles á hora da súa utilización nas aulas. Entre todas elas destaco unha xa mencionada na precedente entrada miña (se aínda non a liches, invítote a que a leas presionando co ratón aquí):





 Logo busquei tres recursos TIC prácticos na súa aplicación para o noso proxecto (a revista dixital  por se non vos acordades😉).
 Tanto as miñas compañeiras coma eu tivemos en conta a variedade, escollendo entre a infinidade de recursos nove que ao noso parecer son moi funcionais e adaptados aos máis pequenxs da casa. Hai desde contidos audiovisuais ata algúns xogos, aplicacións, contos infantís...

 TEDx



 Un programa dedicado ás "ideas dignas de difusión", coñecido polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas (TED Talks) que cobren un amplo abanico de temas que inclúen ciencias, deseño e artes, educación, entretemento e política entre outros. Hai máis de 1000 charlas TED disponibles en liña para consultar en calquera idioma e coa posibilidade de descargalas gratuitamente.
 Dentro deste gran abanico topamos numerosas charlas sobre os hábitos saudables. O importante ademais disto é que as charlas soen ser curtas, de fácil comprensión e cunha meta fixada, sendo recomendables para os cursos a partir de 4º de primaria. Un exemplo dos moitos vídeos que podedes consultar tanto nesta aplicación coma en youtube mesmo son:




Actividades de guía para os docentes


 A continuación, déixovos algúns documentos con actividades que serven aos docentes para realizar nas súas aulas, con tema principal os hábitos saudables.

 Neste documento desenvólvense 25 actividades sobre a boa alimentación, tendo en conta a agricultura (ecolóxica) e o medio ambiente. Todas teñen unhas previas indicacións que obviamente poden ser movibles ao gusto do docente.


 Este documento recolle e toca temas como a actividade física, a alimentación e a hixiene; habendo un caderno de actividades para o alumnado de 7 a 9 anos: Jugamos todos. Descubriendo hábitos saludables.




 É unha plataforma da Fundación Pfizer que ten como finalidade crear bos hábitos nxs máis pequenxs da familia, resultando fundamental para previr enfermidades actuais e futuras. Pretenden axudar aos educadores e aos país/nais na xeración de comportamentos responsables nxs nenxs para conservar a súa saúde.

 Recóllense diversas fichas pedagóxicas para imprimir, actividades para realizar na casa e un videoxogo online dispoñible en diferentes idiomas. Con isto aprenden acerca dunha alimentación saudable, a actividade física e a importancia dunha boa hixiene, todo isto a medida que avanzan por diferentes escenarios no xogo coa axuda das fichas informativas. Tamén se fomenta a prevención dos hábitos nocivos como o consumo de tabaco e alcohol. Esta plataforma está destinada as idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Deben solucionar diferentes probas para chegar á "Sala do consello dos sete sabios", onde alcanzarán o final de City Salud.