Ola!
Xa estou de novo por aquí. Hoxe vos veño a ensinar novas ferramentas que poderedes empregar na creación de recursos multimedia para a aula. Antes de nada, espero que xa lle botarades unha ollada ás ferramentas das que vos falou a miña compañeira na entrada anterior, pois son moi útiles e prácticas.
Dito isto, preséntovos algunhas ferramentas máis:
👉 Educaplay é unha plataforma online para a creación de actividades educativas multimedia. Ten unha interfaz moi sinxela que permite realizar numerosos recursos (videoquiz, crucigramas, mapas interactivos, sopas de letras, etc.) para empregar na aula e aprender, así, dunha forma máis dinámica.
👉 PowToon é unha ferramenta online que permite crear vídeos e presentacións animadas. É moi sinxela de empregar e ten unhas gráficas moi boas e atractivas para que o alumnado preste atención á materia.
👉 Clipchamp é un editor de vídeos online que ten os axustes básicos para facer unha breve presentación multimedia. Persoalmente non coñecía esta plataforma, e despois de "fisgonear" un pouco é de admitir que para saír do paso non está mal. Con todo, contar cun programa adicado á edición probablemente sexa a mellor alternativa, pois poderá soportar unha maior cantidade de clips, ademais de que as opcións á hora da edición serán maiores. Como punto negativo para este software, só se pode empregar co navegador Google Chrome.
👉 Toontastic 3D é unha aplicación gratuita para os dispositivos móviles que permite a creación de
historias propias, empregando elementos dixitais diseñados dunha forma moi atractiva para motivar a creatividade dos máis pequenxs.
Espero que estes minutiños que empregástedes en ler isto os foran de utilidade para coñecer algunhas das moitas ferramentas que temos a nosa disposición para a práctica da docencia.
Vémonos pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario