Na mañá de onte tivemos as presentacións sobre os proxectos que eliximos ao principio do segundo cuadrimestre, como ben xa sabedes polas primeiras entradas do blog. O proxecto que escollín co meu grupo foi a creación dunha revista escolar dixital, unha ferramenta que permite visualizar o seu contido desde calquera parte do mundo, aforrando tempo e, nalgúns casos, custos económicos. Ademais son ecolóxicas e non precisan o uso de papel nin de tintas para a súa impresión ou publicación, evitando a deforestación e contribuíndo desta forma á protección do medio ambiente e dos ecosistemas.
Respecto ás presentacións gustáronme cada unha delas, non soamente por como o fixeron, senón tamén polo feito de observar que cada persoa do grupo aprendeu moito nesta materia, sabendo que o imos a levar fóra e as nosas aulas nun futuro coma docentes. En canto á miña presentación, sen ter en conta a parte das miñas compañeiras, sei que o puiden facer mellor pero os nervios sen previo aviso fixeron un pouco das súas, xa sabedes... Aínda así estou satisfeita co traballo realizado, estando orgullosa tamén polo noso compromiso de principio a fin, organizándonos e axudándonos unhas ás outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario