Hoxe tivemos as presentacións na aula sobre os nosos proxectos, unha clase do máis entretida posto que observamos o traballlo de todo un cuadrimestre. Pese a que aínda se nos trabe algunha palabra ou a nosa voz se escoite con certo tremor, coido que é fundamental facer, polo menos, unha presentación, non so para ir perdendo o "medo" ao falar diante de todxs, senon que vas collendo certa costume para o noso futuro traballo, a docencia.
En canto á presentación persoal, teño que dicir que estou moi orgullosa do noso traballo, si que é certo que na parte máis tecnolóxica tivemos certos problemiñas co ordenador da aula pero, coido que o resultado final foi excelente. Tanto na exposición como no traballo do día a día coordinámonos moi ben entre todas, tratando de cumprir odos os obxectivos que se nos propuñan no cronograma da mellor maneira posible.
Tamén teño que darlle a noraboa ao resto de traballos expostos, pois fixerono dunha maneira moi entretida e didáctica, mostrándonos todas as súas actividades de diferentes formas. A única pega que podo encontrar é que, algunha diapositiva fíxose imposible chegar a lela toda á vez que prestabas ateción á explicación posto que tiña demasiada letra. Pero inda así penso que todxs levaremos moi boa nota, o esforzo de 3 meses valerán a pena!
Ningún comentario:
Publicar un comentario