Ola!
Hoxe vouvos falar de xeradores de sopas de letras; Ensopados é unha plataforma online que permite crear sopas de letras dunha forma moi sinxela. Podes elexir o tamaño, que vai dende 7x7 ata 19x19; a direción das palabras, poidendo incluír palabras invertidas e que aparezan ou non nunha lista as palabras a buscar. Esta sinxela plataforma permite imprimir o recurso ou facelo de forma online en tempo real.
Persoalmente penso que é un bo recurso para nenxs de 4º de Educación Primaria, pois este tipo de pasatempos requiren concentración, estratexia e memoria; todo isto supón un esforzo mental do pequeno, que potencia tanto a súa capacidade lingüística como a súa axilidade de cálculo.
Hai múltiples plataformas onde facer estes recursos, como Educima que aínda que é moi práctico, non ofrece a posibilidade de xogar online, só permite imprimir o recurso e modificar cantas veces queiras a sopa de letras, ou Educaplay, plataforma da que xa vos falamos anteriormente e que empregaremos para facer diversas actividades polo práctica e útil que é.
Estade atentxs, pronto vos traeremos máis novidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario