Moi boas xa estamos de volta!!
No día de hoxe as miñas compañeiras máis eu traémosvos doce recursos didácticos multimedia para ser utilizados na aula. Sen duda algunha estes atractivos materiais multimedia poden favorecer aos procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individuais coma grupais. As súas aportacións son numerosas: proporcionan información, avivan o interese, manteñen unha continua actividade intelectual, orientan ás aprendizaxes, facilitan a avaliación e o control, promoven a iniciativa entre o alumnado, etc.
A miúdo o alumnado aprende as cousas con menos tempo, aínda que pode darse o caso de ser unha aprendizaxe incompleta e superficial. Acercánse e póñense máis en contacto coas novas tecnoloxías e coa linguaxe audiovisual. O problema disto é o sobreuso e o exceso que por regla xeral xa lle dan de por si nos seus fogares cada un dos nenos e nenas, conlevando á posible aparición de problemas visuais.
Tras facer unha breve introdución, paso a ensinarvos as actividades multimedia que creei, explicándovos que son e a finalidade que teñen. As dúas primeiras foron realizadas na mesma aplicación, Educaplay, unha plataforma gratuíta que permite xerar as nosas propias actividades educativas de maneira sinxela e cun resultado apto e óptimo.
- Adiviñas: Enigma ou pregunta enxeñosa para entreterse en acertar a resposta. Entre os obxectivos que nos podemos encontrar están o feito de entreter e divertir ao alumnado, ou de contribuir á aprendizaxe e á ensinanza. No noso caso son cinco imaxes (unha por adiviña, é dicir, hai cinco adiviñas en total) que se irán desenfocando a medida que pides, se o precisas, unha nova pista para tentar dar coa resposta correcta, a cal é o nome do obxecto ou feito que aparece na imaxe. Todas as adiviñas teñen como tema principal a hixiene persoal. Obviamente non vos vou a dicir por aquí cales son as respostas, para iso teredes que xogar jejeje.
- Adiviña 1:
- Adiviña 2:
- Adiviña 3:
- Adiviña 4:
- Adiviña 5:
- Completar as oracións coas palabras soltas. Con este simple exercicio co cal ordenan as palabras pola súa orde correcta para que o significado teña relación e coherencia, averiguamos se comprenderon o texto na súa totalidade. Ademais, a capacidade de comprender adecuadamente o que lemos facilitará a aprendizaxe dos coñecementos posteriores.
- Preguntas tipo test sobre a primeira parte do cómic de "Brando Hero". As probas tipo test son un modelo de exame de resposta pechada, é dicir, non admite variación na resposta. Están destinadas a avaliar os coñecementos, aptitudes ou funcións. Poden ser orais ou escritos, con preguntas de resposta simple (unha única opción) ou múltiple (dúas ou máis repsostas correctas). Permiten corrixir cuantitativamente e mesmo de forma automatizada, o inconveniente é que solamente se poden avaliar os contidos ou determinar habilidades de asociación e non outors aspectos como a abstracción, a capacidade de expresión, a articulación dos coñecementos, etc. A aplicación foi Kubbu, da cal xa vos falei anteriormente 😉.
- EdiLIM sobre deportes. Son tres exercicios interactivos, dous de clasificar textos e un de preguntas. No primeiro tense que clasificar as oracións que aparezcan co seu respectivo deporte (baloncesto/fútbol e ximnasia rítmica/judo). No segundo simplemente tense que contestar as preguntas cunha resposta curta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario