Amosando publicacións coa etiqueta Belén Fernández Estévez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Belén Fernández Estévez. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de maio de 2019

Ata logo!

Quen nos ía decir a nós que o tempo ía pasar tan rápido... parece que foi onte cando comezamos a facer o blog, pero xa van catro meses. Catro meses nos que coñecín e aprendín sobre multitude de recursos que poderei empregar no meu futuro como docente. 

   Persoalmente, penso que esta é unha das asignaturas máis imprescindibles e útiles da carreira, posto que na sociedade na que nos atopamos é esencial saber manexar e sacarlle o máximo partido ás novas tecnoloxías. É unha mágoa que só a teñamos nun cuadrimestre, pois considero que nos queda moito por aprender neste ámbito.

   No que respecta ao noso traballo durante todo o cuadrimestre é de decir que estou moi orgullosa do resultado acadado, pois desde o meu punto de vista conseguimos facer unha revista bastante lograda e coherente. Espero que a vós, tamén vos servira de axuda todo o que fixemos.

Grazas por acompañarmos neste camiño 💕


xoves, 9 de maio de 2019

Presentación de proxectos

Isto está chegando ao seu fin. 

  Como xa ben saberedes, onte tivemos a exposición do traballo que fixemos ao longo de todo o cuadrimestre. Nós tivemos a "sorte" de ser as primeiras en expoñer e iso notouse; os nervios estaban a flor de pel e isto fixo que me trabucara algunha que outra vez. Porque sí, debo confesarvos que aínda que fixéramos o blog, a revista e (como consecuencia) a presentación en galego, eu son castelanofalante. Si para min, xa é todo un reto facer unha exposición, imaxinádevos tela que facer en galego; unha lingua na que, ao meu pesar, non teño a soltura que me gustaría ter. Pero bueno, deixando esto a un lado, penso que o noso proxecto quedou ben explicado.

   En canto ao traballo que fixemos nós teño que recoñecer que estou moi satisfeita cos resultados acadados, posto que ademais de publicar unha revista escolar dixital bastante atractiva e acorde ao que se nos pediu, penso que a coordinación entre nós foi estupenda, cumplindo sempre cos tempos marcados.

   Ao rematar a nosa exposición, tocoulle aos demais grupos. En términos xerais, parecéronme moi interesantes os seus proxectos. Víase que traballaron a fondo na materia, pois tiñan un bo dominio tanto da temática como dos recursos empregados. Destacar tamén o bo uso da voz, pois notáronse grandes diferencias do primer cuadrimestre ao segundo, pouco a pouco a vergoña vai desaparecendo e falar diante do grupo non causa tanto nerviosismo como ao principio de curso. Aínda así, queda moito por aprender e mellorar; temos tres anos de carreira e toda unha vida por diante para facelo.  

mércores, 8 de maio de 2019

A presentación

Ola blogueirxs!

 Hoxe voltamos as tres integrantes do grupo para ensinarvos algo do que estamos moi orgullosas, a nosa presentación. Esta sirveunos de apoio para contar todo o que fixemos ata agora, ás nosas compañeiras, e como coidamos que lles gustou, tamén lla queremos ensinar aos nosos blogueirxs. 





 Tamén aproveitamos para irnos despedindo, a nosa labor por aquí está a piques de rematar. É unha mágoa que fose tan pouco tempo convosco, as últimas semanas foron as máis entretidas, pero como todo o bo, isto acábase.

martes, 7 de maio de 2019

Revista escolar dixital

  Ola compañeiros e compañeiras!

  Xa sabedes que estamos a punto de rematar, por iso vimos por aquí para ensinarvos a nosa revista sobre os hábitos saudábeis. Dentro dela podedes informar aos nenos e nenas, ensinándolles a teoría así coma todas as actividades que realizamos.

  A revista é unha ferramenta que conta cunha estrutura pensada para facilitar a aprendizaxe, pois empeza cunhas actividades motivadoras e atraíntes para os máis cativxs. A medida que o alumando se afonda na revista, vai descubrindo novos apartados (alimentación, deportes e hixiene) que lles permitirán ampliar e consolidar os seus coñecementos.

Paara facer esta revista escollimos a aplicación Joomag, unha ferramenta moi completa pero ao principio custounos collerlle o punto, posto que non estabamos acostumadas. 

  Espero que sirva para as vosas sesións 😉




  Ata pronto😘

Case rematando

  Blogueiras e blogueiros, hoxe é un día no que estamos contentas por poder ensinarvos o noso proxecto co seu respectivo informe.

  Neste  post queremos ensirnarvos o noso informe final da revista escolar dixital sobre os hábitos saudábeis. Traballamos decotío para obter un estupendo resultado lucrativo e agradable tanto para o grupo de docentes coma para o alumnado. Este conta con todas as últimas actividades, cos nosos obxectivos do proxecto e unha breve conclusión, agardamos que vos guste!


Isto non é unha despedida definitiva, senón un deica logo.

mércores, 1 de maio de 2019

Recursos educativos para a aula

Boas!

   Hoxe pásome por aquí para presentarvos os últimos catro recursos que fixen. Para realizar estas actividades empreguei as plataformas de Educaplay e Edilim e a páxina de Ensopados.

   Sopa de letras: este tipo de pasatempos son ideais para potenciar a capacidade lingüística dos máis pequenxs. Neste caso trátase dunha sopa de letras de alimentos. As palabras pódense atopar en sentido ordinario, invertidas ou incluso en diagonal. Cada vez que se actualiza a páxina, as palabras aparecen nunha orde diferente e ademáis de poder facerse online, permite imprimilo.

https://buscapalabras.com.ar/sopa-de-letras-de-alimentos_320.html

   Crucigrama: igual que a sopa de letras, os crucigramas tamén facilitan a concentración e potencian as habilidades lingüísticas. Se premedes na imaxe, poderedes acceder a un divertido crucigrama de froitas e verduras.



   Ruleta de palabras: con esta tarefa preténdese exercitar a memoria e ampliar o vocabulario no ámbito dos deportes. Son definicións sinxelas, pero o alumnado deberá estar concentrado para contestar rápidamente, pois conta cun máximo de 5 minutos.


   Relacionar frases: esta actividade fíxena en Edilim, plataforma que ofrece múltiples plantillas para facer diferentes actividades. Neste caso, a tarefa trata de relacionar frases sobre hábitos saudábeis, tanto de alimentación, como de hixiene e actividade física.



   E isto é todo amigxs, ata aquí a nosa aportación de recursos para a aula, esperemos que vos serviran de axuda.


mércores, 10 de abril de 2019

Google Arts & Culture

Ola!

   Para rematar coa recopilación de entradas comentando diversos recursos, véxome na obriga de falarvos de Google Arts & Culture, pois non coñecía esta páxina e paréceme unha boa alternativa para traballar na aula. 

   Esta plataforma é como un museo virtual de todos os museos do mundo, na que se poden descubrir e contemplar obras de arte online con todo detalle. Actualmente hai máis de 45.000 obras en alta resolución e cada obra inclúe un panel informativo que permite ao alumnado coñecer máis acerca dunha obra pictórica concreta. Indagando na páxina atopei diferentes galerías moi interesantes que poderían ser tratadas na aula para tratar o tema dos hábitos saudábeis, como poden ser Alimentación y Cultura e Historia de la bicicleta. Ademais, tamén conta con reportaxes fotográficas, entre as que atopei interesantes: Héroes del deporte e La cocina de la libertad.

   E ata aquí a búsqueda de novos recursos; permanece atentxs, que pronto vos traeremos os nosos propios recursos!


mércores, 3 de abril de 2019

Sopa de letras

Ola!

   Hoxe vouvos falar de xeradores de sopas de letras; Ensopados é unha plataforma online que permite crear sopas de letras dunha forma moi sinxela. Podes elexir o tamaño, que vai dende 7x7 ata 19x19; a direción das palabras, poidendo incluír palabras invertidas e que aparezan ou non nunha lista as palabras a buscar. Esta sinxela plataforma permite imprimir o recurso ou facelo de forma online en tempo real.

   Persoalmente penso que é un bo recurso para nenxs de 4º de Educación Primaria, pois este tipo de pasatempos requiren concentración, estratexia e memoria; todo isto supón un esforzo mental do pequeno, que potencia tanto a súa capacidade lingüística como a súa axilidade de cálculo.

   Hai múltiples plataformas onde facer estes recursos, como Educima que aínda que é moi práctico, non ofrece a posibilidade de xogar online, só permite imprimir o recurso e modificar cantas veces queiras a sopa de letras, ou Educaplay, plataforma da que xa vos falamos anteriormente e que empregaremos para facer diversas actividades polo práctica e útil que é.

   Estade atentxs, pronto vos traeremos máis novidades.


mércores, 27 de marzo de 2019

Crucigramas

Ola!

   Xa estou de novo por aquí, hoxe para falarvos sobre xeradores de crucigramas.

   Cross Word Puzzle Games é unha plataforma que permite crear crucigramas imprimibles e de diferentes tamaños. É un bo recurso para empregar cando non se conta con ordenadores nas aulas, pois estes crucigramas non se poden facer de maneira online.

   Crossword Puzzle Maker é outra plataforma similar a anterior, cunha interfaz máis visual, pero sen a posibilidade de facer a actividade online. Educima tamén ofrece a posibilidade de crear crucigramas, de feito fixen un nesta páxina, pero ante a imposibilidade de poder facelo de maneira online, decidín facelo en Educaplay.

   Permanecede atentxs que aínda quedan moitos recursos por descubrir!

mércores, 20 de marzo de 2019

Rastrea-quest

  Canto tempo amigxs!

  Hoxe volvimos a reunirnos as membras do grupo para ensinarvos un novo recurso, unha webquest: "Ponte o mandil".  Este é un recurso no que todo o alumnado pode, dunha forma entretida e educativa, aprender novos contidos sobre calquera tema. Nós relacionamos este recurso cos hábitos saudábeis, por iso, a súa actividade final (indivudal) será a comparación da súa comida habitual coa súa nova dieta mediante a elaboración dun menú equilibrado e variado no que se terá en conta aspectos como as estacións do ano.

  Para axudar aos pequenxs, proporcionámoslle unha variada serie de enlaces web con información sobre os alimentos. Esta mesma información serviralles de axuda para poder elaborar un menú saudábel organizado en grupos que, ademais de ser unha tarea para a clase, poderán aplicalo para o seu día a día. Nesta actividade teremos en conta o traballo colaborativo, a creatividade e a elaboración dun menú completo. Ademais da capacidade de reflexión que fagan na comparación.



  Estade atentxs ás seguintes entradas, estamos seguras que vos gustarán 😉



mércores, 6 de marzo de 2019

Tres recursos para escoller

 Boas a todxs!
 Hoxe voltamos a un mesmo post as tres autoras deste blog para presentarvos os nosos respectivos recursos que elaboramos con cansúa aplicación. Todas tratamos de promover os hábitos saudábeis de diferentes maneiras:

 A través da historia de Brais, un neno un pouco descoidado, fixen un Storytelling que podedes ver en Youtube (Historia de Brais). A aplicación Powtoon foi a que me permitiu crear este vídeo, co cal creo que os alumnos e alumnas máis pequenxs poderán aprender unha historia con moraleja.



 Fixemos tamén un videoquiz do vídeo de Hábitos de alimentación no que se avalía a atención prestada facendo preguntas durante a reprodución do recurso. Este foi realizado en Educaplay, plataforma moi versátil e sinxela de empregar.



 E por último, traiovos a primeira entrega de Brando Hero, o superheroe dos hábitos saudables. As ferramentas-aplicacións que utilicei foron dúas: Maje Beliefs Comix para crear as ilustracións, e o Power Point para os bocadillos e os textos que conteñen. Foron moi doadas de usar ambalas dúas e estou satisfeita co traballo que fixen, de feito estoume replantando facer unha segunda entrega, vós que opinades? (deixádeme as vosas opinións ⬇).


  


martes, 5 de marzo de 2019

EducaTIC

 Ola!

 Xa estou de novo por aquí. Hoxe vos veño a ensinar novas ferramentas que poderedes empregar na creación de recursos multimedia para a aula. Antes de nada, espero que xa lle botarades unha ollada ás ferramentas das que vos falou a miña compañeira na entrada anterior, pois son moi útiles e prácticas.

 Dito isto, preséntovos algunhas ferramentas máis:

👉 Educaplay é unha plataforma online para a creación de actividades educativas multimedia. Ten unha interfaz moi sinxela que permite realizar numerosos recursos (videoquiz, crucigramas, mapas interactivos, sopas de letras, etc.) para empregar na aula e aprender, así, dunha forma máis dinámica.

👉 PowToon é unha ferramenta online que permite crear vídeos e presentacións animadas. É moi sinxela de empregar e ten unhas gráficas moi boas e atractivas para que o alumnado preste atención á materia.

👉 Clipchamp é un editor de vídeos online que ten os axustes básicos para facer unha breve presentación multimedia. Persoalmente non coñecía esta plataforma, e despois de "fisgonear" un pouco é de admitir que para saír do paso non está mal. Con todo, contar cun programa adicado á edición probablemente sexa a mellor alternativa, pois poderá soportar unha maior cantidade de clips, ademais de que as opcións á hora da edición serán maiores. Como punto negativo para este software, só se pode empregar co navegador Google Chrome.

👉 Toontastic 3D é unha aplicación gratuita para os dispositivos móviles que permite a creación de
historias propias, empregando elementos dixitais diseñados dunha forma moi atractiva para motivar a creatividade dos máis pequenxs.

 Espero que estes minutiños que empregástedes en ler isto os foran de utilidade para coñecer algunhas das moitas ferramentas que temos a nosa disposición para a práctica da docencia.

  Vémonos pronto!

mércores, 20 de febreiro de 2019

Post-ureando

 Como vai todo?

 Hoxe traémosvos novidades! Como xa sabedes, estivemos na procura de recursos TIC para traballar os hábitos saudables na escola. Esta tarefa foi algo custosa no que respecta á búsqueda de ferramentas, aplicacións, xogos didácticos, vídeos... especializados no tema e, sobre todo, adaptados á idade que abrangue os cursos de primaria.

 Os diversos recursos TIC que as tres compoñentes dos Ánxeles de Charlie eleximos, están recollidos nas tres entradas anteriores (Se aínda non as listes, baixa co ratón para abaixo, son de gran interese ⏬). Ben, dito isto, que aportarán ao noso proxecto de revista dixital que as outras non teñan? Non podemos negarvos que algúns dos recursos seleccionados seguro que xa vos son familiares, un exemplo claro serían as xa coñecidas e popularizadas charlas TEDx. Aínda así, cremos que o resto de recursos son moi prácticos para ser empregados polo docente na aula, innovadores e novidosos ao noso parecer, actualizados para a época tecnolóxica na que nos encontramos e moi amenos para xs máis pequenxs.

martes, 19 de febreiro de 2019

TICmanía

 Que hai de novo?
 Hoxe vos traio tres novos recursos para empregar na aula e facer máis ameno e atractivo o tema dos hábitos saudábeis:

Las aventuras de Spoti



 Trátase dun xogo interactivo que ten como finalidade fomentar os hábitos saludables nxs nenxs a través da realización de 12 minixogos que teñen que superar para que Spoti chegue ao final da colina, onde se atopan os seus amigxs. Ademais inclúe unha guía e unhas fichas informativas e de actividades para complementar ao xogo.


Hábitos de alimentación


 Vídeo didáctico e atractivo que en menos de cinco minutos fai un breve resumo dos hábitos de vida saudábeis máis básicos. Ideal para unha primeira toma de contacto do alumnado.


Just Dance

 Trátase dun videoxogo musical no que xs nenxs terán que copiar a coreografía que se mostra na pantalla. Polo xeral, xógase cunha videoconsola e grazas ao emprego dos mandos poderase levar a cabo un ranking. Sen embargo, de non poder contar con este dispositivo, pódese facer uso dos vídeos que hai colgados en YouTube. Ademais, de esta maneira, non existirá a competitividade e non haberá pelexas por coller os mandos. É unha alternativa ideal para ocasións especiais.

 En definitiva, esta só é unha pequena selección da multitude de recursos que hoxe en día podedes atopar na rede para traballar os hábitos saudables na escola.

 Isto é todo amigxs, vémonos pronto!

martes, 5 de febreiro de 2019

Voltamos a páxina

 Ola de novo!
 Como xa sabedes, despois da elección do tema tocou elexir un proxecto final das opcións que tiñamos. As miñas compañeiras máis eu decantámonos por facer unha revista dixital. Un dos motivos desta escolla débese, principalmente, a que nos parece un recurso interesante para as nenas e os nenos, pois ao tratarse dunha revista verán isto como un entretemento e non como unha tarefa máis de clase.

 Tras acceder aos recursos web proporcionadas pola profesora, as páxinas que me pareceron máis interesantes de tratar e útiles para o noso proxecto son:

 Letter Pop: É unha plataforma con plantillas prediseñadas que facilitan o proceso de creación dos diversos proxectos, desde revistas ata boletíns, anuncios, invitacións ou mesmo collages de fotos. Persoalmente non coñecía esta páxina, e a priori parece moi sinxela de empregar, polo que a teremos en conta á hora de realizar a revista dixital.

 Revista Comunicar: É unha revista científica trimestral bilingüe, especializada en educomunicación (comunicación e educación), polo que ademais de poder empregala como referencia, poderemos tamén ser "consumidores" dela, pois é accesible a texto completo de forma gratuita. Este grupo fai uso da plataforma Issuu para a creación e o visionado da revista online, plataforma que xa coñecía e que xa teño empregado en traballos anteriores. Por experiencia propia, como ben acabo de mencionar, é de dicir que non soamente é bastante práctica, senón que tamén é unha das páxinas candidatas para levar a cabo o noso proxecto final por todas as facilidades que ofrece.

 Joomag: É una plataforma dixital que permite crear revistas, boletíns, folletos e catálogos. Ofrece unha gran variedade de modelos e a posibilidade de compartir os resultados, polo que tamén a teremos en conta á hora de realizar o proxecto. Se queres ver un pequeno tutorial sobre o seu funcionamento podes clicar aquí.

 Por último e para non daros máis a lata, espero que vos gustase, que vos servira de axuda e se aprendestes algo novo destes recursos tanto lendo este post coma de visitalas, contenta que quedo.

 Ata a próxima amigxs!!!

mércores, 30 de xaneiro de 2019

O comezo dunha vida sa

Ola amigos e amigas!

Eu son Belén Fernández e xunto coas miñas compañeiras, Andrea Couceiro e Alba Fernández, trataremos de promover hábitos saudábeis na escola.

O motivo polo que nos decidimos a facer o proxecto sobre este tema é porque é un asunto de actualidade, debido aos altos índices de obesidade infantil que se están a dar nos últimos anos.

O noso obxectivo é fomentar unha vida activa e saudábel, formando aos nenos e as nenas nun ámbito ao que non se lle dedica o tempo suficiente nas aulas. Para elo, recopilaremos todo nunha revista dixital.

Espero que vos sexa de utilidade a lectura do noso blog e podades modificar os vosos hábitos para alcanzar unha vida plena.