Amosando publicacións coa etiqueta Recursos para a aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos para a aula. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de maio de 2019

Revista escolar dixital

  Ola compañeiros e compañeiras!

  Xa sabedes que estamos a punto de rematar, por iso vimos por aquí para ensinarvos a nosa revista sobre os hábitos saudábeis. Dentro dela podedes informar aos nenos e nenas, ensinándolles a teoría así coma todas as actividades que realizamos.

  A revista é unha ferramenta que conta cunha estrutura pensada para facilitar a aprendizaxe, pois empeza cunhas actividades motivadoras e atraíntes para os máis cativxs. A medida que o alumando se afonda na revista, vai descubrindo novos apartados (alimentación, deportes e hixiene) que lles permitirán ampliar e consolidar os seus coñecementos.

Paara facer esta revista escollimos a aplicación Joomag, unha ferramenta moi completa pero ao principio custounos collerlle o punto, posto que non estabamos acostumadas. 

  Espero que sirva para as vosas sesións 😉




  Ata pronto😘

mércores, 1 de maio de 2019

Recursos educativos para a aula

Boas!

   Hoxe pásome por aquí para presentarvos os últimos catro recursos que fixen. Para realizar estas actividades empreguei as plataformas de Educaplay e Edilim e a páxina de Ensopados.

   Sopa de letras: este tipo de pasatempos son ideais para potenciar a capacidade lingüística dos máis pequenxs. Neste caso trátase dunha sopa de letras de alimentos. As palabras pódense atopar en sentido ordinario, invertidas ou incluso en diagonal. Cada vez que se actualiza a páxina, as palabras aparecen nunha orde diferente e ademáis de poder facerse online, permite imprimilo.

https://buscapalabras.com.ar/sopa-de-letras-de-alimentos_320.html

   Crucigrama: igual que a sopa de letras, os crucigramas tamén facilitan a concentración e potencian as habilidades lingüísticas. Se premedes na imaxe, poderedes acceder a un divertido crucigrama de froitas e verduras.



   Ruleta de palabras: con esta tarefa preténdese exercitar a memoria e ampliar o vocabulario no ámbito dos deportes. Son definicións sinxelas, pero o alumnado deberá estar concentrado para contestar rápidamente, pois conta cun máximo de 5 minutos.


   Relacionar frases: esta actividade fíxena en Edilim, plataforma que ofrece múltiples plantillas para facer diferentes actividades. Neste caso, a tarefa trata de relacionar frases sobre hábitos saudábeis, tanto de alimentación, como de hixiene e actividade física.



   E isto é todo amigxs, ata aquí a nosa aportación de recursos para a aula, esperemos que vos serviran de axuda.


Divertirse na aula

  Aquí de novo!

  Como ben dixo a miña compañeira no anterior post, seguimos engadindo novos recursos multimedia. Estes os poderedes utilizar nas vosas aulas para que o voso alumnado poida ao mesmo tempo aprender e xogar. Ademais, as mestras e mestres poderán recomendarlle algunhas acitividades aos pais e nais e así poder seguir formando aos cativos e cativas nas súas casas.

  As actividades que creei foron a través de Educaplay, Jigsaw e Kubbu. Todas son plataformas gratuítas e moi sinxelas de usar, e por se che surxira algunha duda no seu uso, contan con videotutoriales no que che explican todos os pasos a seguir.
  • Emparexados: estes xogos serven para poñer a proba a memoria de todo o alumnado e que aprendan memorizando. As cartas que utilicei son a de diferentes rutinas de  hábitos saudábeis como pode ser lavarse os dentes. Estes pequenos actos transforman o aprendizaxe nunha diversión polo que os máis pequenxs colleran esas pequenas rutinas e acomodaranas ao seu día a día. 





  • Segue a liña do deporte: con este xogo os nenos e nenas poderán aprender o nome de diferentes de deportes. Algún dos que non coñezan podrán causarlle curiosidade e esto incitaraos a indagar sobre eles ou incluso a apuntarse a algún!




  • Quebracabezas: este tipo de xogos son moi completos xa que permiten aos nenos e nenas mellorar a súa atención e concentración, autocontrolarse e reflexionar antes de actuar, desenvolver unha visión espacial e a mellorar o razoamento perceptivo entre outros. Co quebracabezas que elaborei todo o alumnado, que sexa capaz de resolvelo, obterá unha imaxe de diferentes alimentos que conforman unha dieta rica e equilibrada.




  • Preguntas de Brais: este pequeno cuestionario fai referencia a o vídeo que subín fai uns días sobre a historia de Brais. A través das preguntas intento recalcar aqueles puntos máis importantes do tema que estamos a tratar, os hábitos saudábeis e así crear un pensamento autocrítico en todo o alumnado 










As miñas actividades multimedia para a aula

  Moi boas xa estamos de volta!!

 No día de hoxe as miñas compañeiras máis eu traémosvos doce recursos didácticos multimedia para ser utilizados na aula. Sen duda algunha estes atractivos materiais multimedia poden favorecer aos procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individuais coma grupais. As súas aportacións son numerosas: proporcionan información, avivan o interese, manteñen unha continua actividade intelectual, orientan ás aprendizaxes, facilitan a avaliación e o control, promoven a iniciativa entre o alumnado, etc.
  A miúdo o alumnado aprende as cousas con menos tempo, aínda que pode darse o caso de ser unha aprendizaxe incompleta e superficial. Acercánse e póñense máis en contacto coas novas tecnoloxías e coa linguaxe audiovisual. O problema disto é o sobreuso e o exceso que por regla xeral xa lle dan de por si nos seus fogares cada un dos nenos e nenas, conlevando á posible aparición de problemas visuais.

 Tras facer unha breve introdución, paso a ensinarvos as actividades multimedia que creei, explicándovos que son e a finalidade que teñen. As dúas primeiras foron realizadas na mesma aplicación, Educaplay, unha plataforma gratuíta que permite xerar as nosas propias actividades educativas de maneira sinxela e cun resultado apto e óptimo.
  • Adiviñas: Enigma ou pregunta enxeñosa para entreterse en acertar a resposta. Entre os obxectivos que nos podemos encontrar están o feito de entreter e divertir ao alumnado, ou de contribuir á aprendizaxe e á ensinanza. No noso caso son cinco imaxes (unha por adiviña, é dicir, hai cinco adiviñas en total) que se irán desenfocando a medida que pides, se o precisas, unha nova pista para tentar dar coa resposta correcta, a cal é o nome do obxecto ou feito que aparece na imaxe. Todas as adiviñas teñen como tema principal a hixiene persoal. Obviamente non vos vou a dicir por aquí cales son as respostas, para iso teredes que xogar jejeje.


- Adiviña 1:
- Adiviña 2:
- Adiviña 3:
- Adiviña 4:
- Adiviña 5:


  • Completar as oracións coas palabras soltas. Con este simple exercicio co cal ordenan as palabras pola súa orde correcta para que o significado teña relación e coherencia, averiguamos se comprenderon o texto na súa totalidade. Ademais, a capacidade de comprender adecuadamente o que lemos facilitará a aprendizaxe dos coñecementos posteriores.



  • Preguntas tipo test sobre a primeira parte do cómic de "Brando Hero". As probas tipo test son un modelo de exame de resposta pechada, é dicir, non admite variación na resposta. Están destinadas a avaliar os coñecementos, aptitudes ou funcións. Poden ser orais ou escritos, con preguntas de resposta simple (unha única opción) ou múltiple (dúas ou máis repsostas correctas). Permiten corrixir cuantitativamente e mesmo de forma automatizada, o inconveniente é que solamente se poden avaliar os contidos ou determinar habilidades de asociación e non outors aspectos como a abstracción, a capacidade de expresión, a articulación dos coñecementos, etc. A aplicación foi Kubbu, da cal xa vos falei anteriormente 😉.





  • EdiLIM sobre deportes. Son tres exercicios interactivos, dous de clasificar textos e un de preguntas. No primeiro tense que clasificar as oracións que aparezcan co seu respectivo deporte (baloncesto/fútbol e ximnasia rítmica/judo). No segundo simplemente tense que contestar as preguntas cunha resposta curta.







mércores, 20 de marzo de 2019

Rastrea-quest

  Canto tempo amigxs!

  Hoxe volvimos a reunirnos as membras do grupo para ensinarvos un novo recurso, unha webquest: "Ponte o mandil" Este é un recurso no que todo o alumnado pode, dunha forma entretida e educativa, aprender novos contidos sobre calquera tema. Nós relacionamos este recurso cos hábitos saudábeis, por iso, a súa actividade final (indivudal) será a comparación da súa comida habitual coa súa nova dieta mediante a elaboración dun menú equilibrado e variado no que se terá en conta aspectos como as estacións do ano.

  Para axudar aos pequenxs, proporcionámoslle unha variada serie de enlaces web con información sobre os alimentos. Esta mesma información serviralles de axuda para poder elaborar un menú saudábel organizado en grupos que, ademais de ser unha tarea para a clase, poderán aplicalo para o seu día a día. Nesta actividade teremos en conta o traballo colaborativo, a creatividade e a elaboración dun menú completo. Ademais da capacidade de reflexión que fagan na comparación.



  Estade atentxs ás seguintes entradas, estamos seguras que vos gustarán 😉



mércores, 20 de febreiro de 2019

Post-ureando

 Como vai todo?

 Hoxe traémosvos novidades! Como xa sabedes, estivemos na procura de recursos TIC para traballar os hábitos saudables na escola. Esta tarefa foi algo custosa no que respecta á búsqueda de ferramentas, aplicacións, xogos didácticos, vídeos... especializados no tema e, sobre todo, adaptados á idade que abrangue os cursos de primaria.

 Os diversos recursos TIC que as tres compoñentes dos Ánxeles de Charlie eleximos, están recollidos nas tres entradas anteriores (Se aínda non as listes, baixa co ratón para abaixo, son de gran interese ⏬). Ben, dito isto, que aportarán ao noso proxecto de revista dixital que as outras non teñan? Non podemos negarvos que algúns dos recursos seleccionados seguro que xa vos son familiares, un exemplo claro serían as xa coñecidas e popularizadas charlas TEDx. Aínda así, cremos que o resto de recursos son moi prácticos para ser empregados polo docente na aula, innovadores e novidosos ao noso parecer, actualizados para a época tecnolóxica na que nos encontramos e moi amenos para xs máis pequenxs.

martes, 19 de febreiro de 2019

O novo TIC-TAC

  Como ben dixo a miña compañeira no seu anterior post, a ensinanza está a sufrir un sosegado cambio, un lento TIC-TAC,  pola aparición de novas ferramentas didácticas como son as TIC.

  Ensinar dunha forma amena e divertida nunca foi tan doado coma ata agora, as novas tecnoloxías encántanlles aos máis cativos polo que, todo o profesorado debe estar a altura e permitirlles desenvolverse neste medio e que ir á escola se convirta nun mero pasatempo.

 

  Entre toda a infinidade de recursos TIC que existen, os 3 que seleccionei que máis se adaptan ao noso proxecto son:



 Este é un canal de Youtube que presenta unha infinidade de vídeos nos que os mais cativos aprenderan dende as notas musicais ata as tablas de multiplicar en inglés. É un canal gratuito que adapta cancións para nenos e nenas de ata 12 anos. Un exemplo dos vídeos é a "Canción de las frutas" , no cal todos e todas aprenderan cantando e bailando o nome e características das froitas.




  Este é un recurso web orientado a nenos e nenas de 2 a 8 anos que conta cunha inmensa cantidade de xogos para que aprendan inglés dunha forma divertida. Todas as actividades están agrupadas por idades e categorías, segundo o que queiras aprender, por exemplo, se elixes actividades de hixiene contas con 4 xogos diferentes relacionados coa hixiene persoal. Tamén conta cun blog no que os pais e nais poden deixar consellos ou ideas que lle sirvirán de axuda a outros.

Como vemos na foto, conta cun abanico de categorías que serán moi útiles para todos os mestres e mestras, xa que os máis cativos poderán aprender dende o abecedario ata as partes da cara.






  Esta páxina, que ten por lema a puericultura, serve para educadores, pais e nais e nenos e nenas, que contan con varios apartados enfocados a cada un deles. No caso dos maiores podemos encontrar un apartado para as últimas noticias, un blog e ata a posibilidade de comprar xoguetes que che enviarán ao teu domicilio.


Este recurso tamén conta cunha aplicación para o móvil enfocada aos bebés, eMyBaby. Ten varios apartados como son o vixía bebés, unha ficha médica onde poderás apuntar a súa evolución ou unha opción multimedia con cancións e sons.













TICmanía

 Que hai de novo?
 Hoxe vos traio tres novos recursos para empregar na aula e facer máis ameno e atractivo o tema dos hábitos saudábeis:

Las aventuras de Spoti



 Trátase dun xogo interactivo que ten como finalidade fomentar os hábitos saludables nxs nenxs a través da realización de 12 minixogos que teñen que superar para que Spoti chegue ao final da colina, onde se atopan os seus amigxs. Ademais inclúe unha guía e unhas fichas informativas e de actividades para complementar ao xogo.


Hábitos de alimentación


 Vídeo didáctico e atractivo que en menos de cinco minutos fai un breve resumo dos hábitos de vida saudábeis máis básicos. Ideal para unha primeira toma de contacto do alumnado.


Just Dance

 Trátase dun videoxogo musical no que xs nenxs terán que copiar a coreografía que se mostra na pantalla. Polo xeral, xógase cunha videoconsola e grazas ao emprego dos mandos poderase levar a cabo un ranking. Sen embargo, de non poder contar con este dispositivo, pódese facer uso dos vídeos que hai colgados en YouTube. Ademais, de esta maneira, non existirá a competitividade e non haberá pelexas por coller os mandos. É unha alternativa ideal para ocasións especiais.

 En definitiva, esta só é unha pequena selección da multitude de recursos que hoxe en día podedes atopar na rede para traballar os hábitos saudables na escola.

 Isto é todo amigxs, vémonos pronto!

martes, 12 de febreiro de 2019

Un recuncho con recursos TIC

 Na actualidade, xa sabemos que as novas tecnoloxías desempeñan un papel destacable dentro do ámbito escolar, xerando entre a diversidade de alumnado existente, un incremento positivo no proceso da aprendizaxe. Con isto demóstrase un dos moitos beneficios que a aplicación da informática ofrece á educación.

Fonte: http://www.tecnohotelnews.com/2015/09/las-nuevas-tecnologias-eje-del-congreso-turismo-para-todos/#prettyPhoto[pp_gal]/0/

 As numerosas ferramentas TIC proporciónanlle á docencia, entre outras cousas, novas opcións de ensinanza e estratexias para que o alumnado aprenda dunha maneira máis rápida, fomentando ao mesmo tempo a súa creatividade; tamén lles permite realizar adaptacións específicas para aquel alumnado que presente dificultades na aprendizaxe, sendo, ademais, unha gran axuda para o progreso daqueles alumnos e alumnas que posúan algún tipo de discapacidade, enfermidade ou trastorno.



 Tralo anteriormente dito e seguindo as indicacións da docente, propúxenme antes de nada a revisar os enlaces amosados nunha carpeta do curso. Das páxinas consultadas, estas dous son as que máis me gustaron:


 Neste enlace podedes encontrar xogos educativos online e gratuítos tanto para infantil coma primaria (cos seus respectivos cursos). Indo a calquera destes dous apartados e pinchando sobre as ciencias naturais, amósanse algúns xogos relacionados co tema dos hábitos saudables, dando a oportunidade aos nenxs de coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, as froitas, a enerxía que temos durante o día... Todo isto mentres unha/un xoga, posto que non hai mellor método para aprender que xogando.


 Este blog recolle unha serie de ferramentas, vídeos e noticias sobre a educación que a web 2.0 proporciona, sendo susceptibles á hora da súa utilización nas aulas. Entre todas elas destaco unha xa mencionada na precedente entrada miña (se aínda non a liches, invítote a que a leas presionando co ratón aquí):





 Logo busquei tres recursos TIC prácticos na súa aplicación para o noso proxecto (a revista dixital  por se non vos acordades😉).
 Tanto as miñas compañeiras coma eu tivemos en conta a variedade, escollendo entre a infinidade de recursos nove que ao noso parecer son moi funcionais e adaptados aos máis pequenxs da casa. Hai desde contidos audiovisuais ata algúns xogos, aplicacións, contos infantís...

 TEDx



 Un programa dedicado ás "ideas dignas de difusión", coñecido polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas (TED Talks) que cobren un amplo abanico de temas que inclúen ciencias, deseño e artes, educación, entretemento e política entre outros. Hai máis de 1000 charlas TED disponibles en liña para consultar en calquera idioma e coa posibilidade de descargalas gratuitamente.
 Dentro deste gran abanico topamos numerosas charlas sobre os hábitos saudables. O importante ademais disto é que as charlas soen ser curtas, de fácil comprensión e cunha meta fixada, sendo recomendables para os cursos a partir de 4º de primaria. Un exemplo dos moitos vídeos que podedes consultar tanto nesta aplicación coma en youtube mesmo son:




Actividades de guía para os docentes


 A continuación, déixovos algúns documentos con actividades que serven aos docentes para realizar nas súas aulas, con tema principal os hábitos saudables.

 Neste documento desenvólvense 25 actividades sobre a boa alimentación, tendo en conta a agricultura (ecolóxica) e o medio ambiente. Todas teñen unhas previas indicacións que obviamente poden ser movibles ao gusto do docente.


 Este documento recolle e toca temas como a actividade física, a alimentación e a hixiene; habendo un caderno de actividades para o alumnado de 7 a 9 anos: Jugamos todos. Descubriendo hábitos saludables.




 É unha plataforma da Fundación Pfizer que ten como finalidade crear bos hábitos nxs máis pequenxs da familia, resultando fundamental para previr enfermidades actuais e futuras. Pretenden axudar aos educadores e aos país/nais na xeración de comportamentos responsables nxs nenxs para conservar a súa saúde.

 Recóllense diversas fichas pedagóxicas para imprimir, actividades para realizar na casa e un videoxogo online dispoñible en diferentes idiomas. Con isto aprenden acerca dunha alimentación saudable, a actividade física e a importancia dunha boa hixiene, todo isto a medida que avanzan por diferentes escenarios no xogo coa axuda das fichas informativas. Tamén se fomenta a prevención dos hábitos nocivos como o consumo de tabaco e alcohol. Esta plataforma está destinada as idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Deben solucionar diferentes probas para chegar á "Sala do consello dos sete sabios", onde alcanzarán o final de City Salud.



sábado, 9 de febreiro de 2019

O éxito dunha elección

Boas a todxs!

 Hoxe vouvos a falar sobre os diferentes recursos que escollimos as miñas compañeiras mais eu para axudarnos a realizar o futuro proxecto de revista dixital.

 Como ven sabedes unha elección nunca é doado, e mais cando é algo polo que te van avaliar, por iso pensamos na revista, un recurso doado, visible e fácil de acceder. Para a elaboración desta consultamos os diferentes recursos que nos ofreceu a profesora. Os máis destacables son:

 Lucidpress: esta é unha plataforma de creación de publicacións dixitais a cal che permite crar un libro dixital de forma colaborativa, isto é grazas a que se poden facer comentarios, usar o chat ou engadir editores. O mellor desta páxina é que se pode acceder a ela dende calquer dispositivo independentemente da marca ( tanto IOS, como Windows ou Android) e, ademais de ser sinxela de manexar é gratuita!

 QuadernsDigitals: un proxecto tanto de docentes como do alumnado valenciano o cal está sobre todo enfocado as novas tecnoloxías e á sociedade. A páxina web desta resvista conta cunha gran disposición e clasificación, na parte superior aparécenche as webs amigas, noticias, a hemeroteca e a biblioteca... unha páxina moi completa xa que ademais podes elexir ti o idioma (castelán, catalán ou portugués)

 Calameo: pode que sexa o editor de revistas máis completo e coñecido. Este recurso, gratuito, conta con innumerables funcións o cal o convirte nun recurso excelente para a publicación de revistas escolares (ademais de PDF tamén che deixa subir PowerPoints). Permite a insercción de vídeos, música ou calquer sonido que elixamos para pasar as páxinas da publicación e facelo así máis entretido, de todos os recursos este, o máis recomendable.

 Para finalizar, só queda dicir que agardo que vos gusten as miñas recomendacións e que vos sexan útiles para os vosos proxectos.
 


martes, 5 de febreiro de 2019

Voltamos a páxina

 Ola de novo!
 Como xa sabedes, despois da elección do tema tocou elexir un proxecto final das opcións que tiñamos. As miñas compañeiras máis eu decantámonos por facer unha revista dixital. Un dos motivos desta escolla débese, principalmente, a que nos parece un recurso interesante para as nenas e os nenos, pois ao tratarse dunha revista verán isto como un entretemento e non como unha tarefa máis de clase.

 Tras acceder aos recursos web proporcionadas pola profesora, as páxinas que me pareceron máis interesantes de tratar e útiles para o noso proxecto son:

 Letter Pop: É unha plataforma con plantillas prediseñadas que facilitan o proceso de creación dos diversos proxectos, desde revistas ata boletíns, anuncios, invitacións ou mesmo collages de fotos. Persoalmente non coñecía esta páxina, e a priori parece moi sinxela de empregar, polo que a teremos en conta á hora de realizar a revista dixital.

 Revista Comunicar: É unha revista científica trimestral bilingüe, especializada en educomunicación (comunicación e educación), polo que ademais de poder empregala como referencia, poderemos tamén ser "consumidores" dela, pois é accesible a texto completo de forma gratuita. Este grupo fai uso da plataforma Issuu para a creación e o visionado da revista online, plataforma que xa coñecía e que xa teño empregado en traballos anteriores. Por experiencia propia, como ben acabo de mencionar, é de dicir que non soamente é bastante práctica, senón que tamén é unha das páxinas candidatas para levar a cabo o noso proxecto final por todas as facilidades que ofrece.

 Joomag: É una plataforma dixital que permite crear revistas, boletíns, folletos e catálogos. Ofrece unha gran variedade de modelos e a posibilidade de compartir os resultados, polo que tamén a teremos en conta á hora de realizar o proxecto. Se queres ver un pequeno tutorial sobre o seu funcionamento podes clicar aquí.

 Por último e para non daros máis a lata, espero que vos gustase, que vos servira de axuda e se aprendestes algo novo destes recursos tanto lendo este post coma de visitalas, contenta que quedo.

 Ata a próxima amigxs!!!

domingo, 3 de febreiro de 2019

Folla a folla, palabra a palabra

 Comezar un proxecto non é unha tarefa sinxela, iso xa o sabemos, os inicios sempre custan. Por iso é importante elixir un tema que sexa atractivo non soamente para nós, quenes realizamos con moito agarimo este blog, senón tamén para ti, para todas esas persoas que estades a ler isto agora mesmo.
 Ademais do primeiro punto xa cidado, cabe destacares tanto o feito de ter unha boa organización coma o de posuír uns coñecementos previos sobre o tema escollido. Estes dous aspectos permiten construír positivamente os cimentos para chegar a cima do noso proxecto, o cal ides a vivir paralelamente connosco a través de cada unha das publicacións que semana a semana iremos subindo.


 Con respecto á creación de contidos, precisamos buscar e analizar portales web educativos e páxinas institucionais, cuxa información sobre a prensa sexa obxecto de estudo, recurso didáctico ou medio de expresión nos centros educativos. Coñecer e averiguar máis sobre a súa organización interna, o seu funcionamento, o seu uso, as súas actividades, os recursos multimedia que integran, as aplicacións informáticas que empregan para a súa elaboración...
 De igual modo, temos que saber como deseñar, crear, desenvolver e programar unha serie de secuencias didácticas que utilizaremos seguindo a nosa liña temática seleccionada.


 Coma primeira toma de contacto, consultei os seguintes recursos e sitios web:

 Educación tres punto cero: É unha páxina web que publica catro revistas ao ano. Titúlase "EDUCACIÓN 3.0. Líder informativo en innovación educativa". O último número pertencente ao mes de agosto é o número 32. Dentro deste formato encontrámonos con diversos apartados, algúns dos cales son: noticias, actualidade, análises, libros de consulta, tribuna de opinións, entrevistas...
 Poden sernos útiles os artigos que conteñen, os recuros dixitais, as innovacións educativas e algunhas das entrevistas realizadas para darnos idea de como podemos focalizar os nosos contidos propios sobre os hábitos saudables.


Fonte: https://www.pinterest.com.mx/pin/351140102172237928/
 La Voz de la Escuela: É un suplemento  escolar que publica La Voz de Galicia cada mércores con información para entender o periódico e orientacións sobre como enfocar as noticias desde un punto de vista pedagóxico, tal e como nos explica a páxina web. Dentro da nosa contorna xeográfica este medio é coñecido pola gran parte da poboación.
 A pesar de tratarse dun periódico e non dunha revista, amosa noticias interesantes e mesmo algunha que outra actividade lucrativa e didáctica para facer na aula. No último suplemento de cada mes, recóllese nunha páxina un calendario do mes seguinte, onde en cada un dos días aparece un dato destacable do mesmo, acompañado sempre dunha pequena imaxe ilustrativa. Na cabeceira do calendario obsérvase un debuxo, que a miúdo ten ao lado unha pequena oración representativa.


 Píxel Bit: É unha revista de medios e educación que nos indica xa no seu inicio, estando persoalmente moi de acordo con ela, que as TIC se están a converter nunha ferramenta de desenvolvemento e potenciación das nosas escolas e institucións formais. Está vinculada coa Universidade de Sevilla.
 Hai numerosos exemplares cunha táboa de artigos abundante e temas variados. Todos os temas teñen de enlace a aplicación das TIC, parecendo así de primeiras un asunto pouco relacionado cos hábitos saudábleis. Non obstante, permítenos adquirir aprendizaxes de maneira indirecta, visualizando a maiores como se organizan e a súa estrutura.


 Para concluír, considero que os recursos ofrecidos pola docente no documento "Proxectos de prácticas"  seranos de utilidade para o blog, algúns máis ca outros, pero podo asegurar que son unha axuda para os cimentos que precisamos á hora de construir o noso proxecto.