Os recursos multimedia son unha ferramenta importante para as aulas dos máis cativos e cativas polo que, ao igual que as miñas compañeiras, vouvos ensinar algúns recuros que vos poden ser útiles para a docencia:
👉 Powtoon: esta é a ferramenta que eu utilicei para o meu recurso, un storytelling. Esta páxina é bastante coñecida xa que a través de imaxes e sons podes plasmar as historias que queiras, dende unha explicación académica ata unha historia ficticia. É moi útil e sinxela de usar, conta con opcións en balde e outras premium polas que hai que pagar.
👉 Unha aplicación moi innvadora para a xeración de cómics e debuxos animados é Xtranormal, está permite a creación de mundos en 3D con diferentes escenarios, música e efectos, os inconvintes máis destacables son que a maioría de opcións son de pago e a voz de sintetización é en inglés. Esta ten grandes vantaxes pero tamén grandes inconvintes
👉 Edpuzzle:esta é unha aplicación que permite crear vídeos con preguntas que o alumnado poderá responder e a profesora ou profesor poderá ver os resultados e avalialos. É unha aplicación gratuíta sinxela e moi útil dentro da aula xa que o/a docente poderá grabarse así mesmo ou simplemente poñer a súa voz e facer preguntas con resposta múltiple, abertas ou de encher ocos.
👉 Á hora de facer un vídeotutorial de Microsoft recomendo Movie Maker. Esta é bastante coñecida polo que existen bastantes videos en Youtube que che sirvirán de explicación para como utilizar devantita aplicación, un moi completo é o de Libra Producciones.
Agardo que vos fosen útiles as miñas recomendacións, vémonos no seguinte post!
Ningún comentario:
Publicar un comentario