martes, 12 de febreiro de 2019

Un recuncho con recursos TIC

 Na actualidade, xa sabemos que as novas tecnoloxías desempeñan un papel destacable dentro do ámbito escolar, xerando entre a diversidade de alumnado existente, un incremento positivo no proceso da aprendizaxe. Con isto demóstrase un dos moitos beneficios que a aplicación da informática ofrece á educación.

Fonte: http://www.tecnohotelnews.com/2015/09/las-nuevas-tecnologias-eje-del-congreso-turismo-para-todos/#prettyPhoto[pp_gal]/0/

 As numerosas ferramentas TIC proporciónanlle á docencia, entre outras cousas, novas opcións de ensinanza e estratexias para que o alumnado aprenda dunha maneira máis rápida, fomentando ao mesmo tempo a súa creatividade; tamén lles permite realizar adaptacións específicas para aquel alumnado que presente dificultades na aprendizaxe, sendo, ademais, unha gran axuda para o progreso daqueles alumnos e alumnas que posúan algún tipo de discapacidade, enfermidade ou trastorno.



 Tralo anteriormente dito e seguindo as indicacións da docente, propúxenme antes de nada a revisar os enlaces amosados nunha carpeta do curso. Das páxinas consultadas, estas dous son as que máis me gustaron:


 Neste enlace podedes encontrar xogos educativos online e gratuítos tanto para infantil coma primaria (cos seus respectivos cursos). Indo a calquera destes dous apartados e pinchando sobre as ciencias naturais, amósanse algúns xogos relacionados co tema dos hábitos saudables, dando a oportunidade aos nenxs de coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, as froitas, a enerxía que temos durante o día... Todo isto mentres unha/un xoga, posto que non hai mellor método para aprender que xogando.


 Este blog recolle unha serie de ferramentas, vídeos e noticias sobre a educación que a web 2.0 proporciona, sendo susceptibles á hora da súa utilización nas aulas. Entre todas elas destaco unha xa mencionada na precedente entrada miña (se aínda non a liches, invítote a que a leas presionando co ratón aquí):





 Logo busquei tres recursos TIC prácticos na súa aplicación para o noso proxecto (a revista dixital  por se non vos acordades😉).
 Tanto as miñas compañeiras coma eu tivemos en conta a variedade, escollendo entre a infinidade de recursos nove que ao noso parecer son moi funcionais e adaptados aos máis pequenxs da casa. Hai desde contidos audiovisuais ata algúns xogos, aplicacións, contos infantís...

 TEDx



 Un programa dedicado ás "ideas dignas de difusión", coñecido polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas (TED Talks) que cobren un amplo abanico de temas que inclúen ciencias, deseño e artes, educación, entretemento e política entre outros. Hai máis de 1000 charlas TED disponibles en liña para consultar en calquera idioma e coa posibilidade de descargalas gratuitamente.
 Dentro deste gran abanico topamos numerosas charlas sobre os hábitos saudables. O importante ademais disto é que as charlas soen ser curtas, de fácil comprensión e cunha meta fixada, sendo recomendables para os cursos a partir de 4º de primaria. Un exemplo dos moitos vídeos que podedes consultar tanto nesta aplicación coma en youtube mesmo son:




Actividades de guía para os docentes


 A continuación, déixovos algúns documentos con actividades que serven aos docentes para realizar nas súas aulas, con tema principal os hábitos saudables.

 Neste documento desenvólvense 25 actividades sobre a boa alimentación, tendo en conta a agricultura (ecolóxica) e o medio ambiente. Todas teñen unhas previas indicacións que obviamente poden ser movibles ao gusto do docente.


 Este documento recolle e toca temas como a actividade física, a alimentación e a hixiene; habendo un caderno de actividades para o alumnado de 7 a 9 anos: Jugamos todos. Descubriendo hábitos saludables.




 É unha plataforma da Fundación Pfizer que ten como finalidade crear bos hábitos nxs máis pequenxs da familia, resultando fundamental para previr enfermidades actuais e futuras. Pretenden axudar aos educadores e aos país/nais na xeración de comportamentos responsables nxs nenxs para conservar a súa saúde.

 Recóllense diversas fichas pedagóxicas para imprimir, actividades para realizar na casa e un videoxogo online dispoñible en diferentes idiomas. Con isto aprenden acerca dunha alimentación saudable, a actividade física e a importancia dunha boa hixiene, todo isto a medida que avanzan por diferentes escenarios no xogo coa axuda das fichas informativas. Tamén se fomenta a prevención dos hábitos nocivos como o consumo de tabaco e alcohol. Esta plataforma está destinada as idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Deben solucionar diferentes probas para chegar á "Sala do consello dos sete sabios", onde alcanzarán o final de City Salud.



Ningún comentario:

Publicar un comentario