martes, 5 de marzo de 2019

Recursos multiTIC


 Paréceme que é importante comunicarvos a todxs os que estades a ler isto nestre intre, sobre todo a aquelas persoas relacionadas co mundo educativo, que existen unha gran cantidade de ferramentas a nosa disposición para crear e deseñar recursos multimedia adaptados ás aulas e aos máis pequenxs. Entre todos eles encontramos:

👉 Book Tráiler é unha ferramenta atractiva para usar na clase e fomentar a lectura, xa que se trata dun pequeno vídeo que promociona ou anticipa un libro en Internet. Soen ser de curta duración e gran intensidade para captar a novxs lectores que están máis vinculados ás series e á televisión. A través de imaxes e audios intentarase mostrar o contido do libro que se pretende promocionar ou anticipar. Tampouco é tarefa sinxela, cómpre traballo e implicación no proxecto.

👉 Para a creación dun cómic ou de debuxos animados destaco Maje Beliefs Comix e Pixton. A primeira foi a que utilicei para facer o meu cómic, sinxela de uso e con moitas opcións para elixir. Logo está Pixton, outro xerador de cómics moi completo que deixa tanto personalizar os personaxes coma engadirlles expresións e posturas. O único que non me gustou desta última aplicación, foi que precisas rexistrarte con anterioridade.

👉 Cando queramos facer un videotutorial temos que saber como realizar unha captura do vídeo e da pantalla propia para poder mostrar o que se está a facer. Recomendo utilizar Atube-catcher,  un manual que nos ensina paso a paso como facelo e de maneira amena.

👉 Stop Motion é un recurso moi usado na animación que consiste en dotar de movemento a obxectos estáticos mediante unha sucesión de imaxes fixas. Require traballo e paciencia, posto que tes que fotografar fotograma a fotograma pequenos cambios de figuras ou materiais maleables como son a plastilina, algúns bonecos pequenos ou recortes de papel. Déixovos un pequeno exemplo para que vexades a dinámica e vos riades un rato: https://www.youtube.com/watch?v=JIWORIShMi0.

👉 Storytelling permite ao alumnado crear unha historia real ou ficticia (relacionado co tema de estudio) de tal maneira que lle estamos dando a oportunidade de aprender dunha maneira innovadora e motivadora para eles, buscando unha aprendizaxe significativa. É un medio de entretemento visto como unha ferramenta educativa moi eficaz. Unha páxina para crealo sería Story Bird.

 Para concluír, escollamos unha ferramenta ou outra, temos que ter sempre presente a quen vai dirixido, debendo de estar adaptados ás súas idades e capacidades. Ademais, non se trata de pór un montón de cousas, antes calidade que cantidade, por isto hai que facer un contido que recolla todo de maneira sintética pero exhaustiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario