Boas!
Hoxe pásome por aquí para presentarvos os últimos catro recursos que fixen. Para realizar estas actividades empreguei as plataformas de Educaplay e Edilim e a páxina de Ensopados.
Sopa de letras: este tipo de pasatempos son ideais para potenciar a capacidade lingüística dos máis pequenxs. Neste caso trátase dunha sopa de letras de alimentos. As palabras pódense atopar en sentido ordinario, invertidas ou incluso en diagonal. Cada vez que se actualiza a páxina, as palabras aparecen nunha orde diferente e ademáis de poder facerse online, permite imprimilo.
Crucigrama: igual que a sopa de letras, os crucigramas tamén facilitan a concentración e potencian as habilidades lingüísticas. Se premedes na imaxe, poderedes acceder a un divertido crucigrama de froitas e verduras.
Ruleta de palabras: con esta tarefa preténdese exercitar a memoria e ampliar o vocabulario no ámbito dos deportes. Son definicións sinxelas, pero o alumnado deberá estar concentrado para contestar rápidamente, pois conta cun máximo de 5 minutos.
Relacionar frases: esta actividade fíxena en Edilim, plataforma que ofrece múltiples plantillas para facer diferentes actividades. Neste caso, a tarefa trata de relacionar frases sobre hábitos saudábeis, tanto de alimentación, como de hixiene e actividade física.
E isto é todo amigxs, ata aquí a nosa aportación de recursos para a aula, esperemos que vos serviran de axuda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario