Ola!
Para rematar coa recopilación de entradas comentando diversos recursos, véxome na obriga de falarvos de Google Arts & Culture, pois non coñecía esta páxina e paréceme unha boa alternativa para traballar na aula.
Esta plataforma é como un museo virtual de todos os museos do mundo, na que se poden descubrir e contemplar obras de arte online con todo detalle. Actualmente hai máis de 45.000 obras en alta resolución e cada obra inclúe un panel informativo que permite ao alumnado coñecer máis acerca dunha obra pictórica concreta. Indagando na páxina atopei diferentes galerías moi interesantes que poderían ser tratadas na aula para tratar o tema dos hábitos saudábeis, como poden ser Alimentación y Cultura e Historia de la bicicleta. Ademais, tamén conta con reportaxes fotográficas, entre as que atopei interesantes: Héroes del deporte e La cocina de la libertad.
E ata aquí a búsqueda de novos recursos; permanece atentxs, que pronto vos traeremos os nosos propios recursos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario