Moi boas a todas e a todos, xa estamos de volta!!
Nesta entrada e nas seguintes, tanto as miñas compañeiras máis eu, imos a falarvos sobre as ferramentas TIC que permiten xerar actividades multimedia educativas dentro da pedagoxía. Cando sexamos docentes e comecemos a impartir clases empregaremos numerosos dispositivos tecnolóxicos, os cales, se son utilizados de maneira correcta, convértense nunha ferramenta poderosa para buscar unha mellora na atención e no rendemento académico do alumnado. Cabe mencionar que a pesares destes avances nos instrumentos didácticos, elevándose con eles a calidade da labor coma mestras e mestres, non podemos descoidarnos da redacción e da habilidade de escribir en papel, que poden chegarse a malograr sen non as temos en conta.

Necesitaremos materiais que se adapten ás novas formas de presentar tanto os contidos coma o método de traballo escollido, sen esquecernos da relevancia que ten adaptarse a totalidade e a diversidade de alumnado dentro da aula. Seguramente pasemos gran parte do noso tempo buscando en internet recursos didácticos relacionados coa materia a dar, ben sexan presentacións, mapas conceptuais, vídeos... cos cales motivar e sacarlle o máximo proveito ás posibilidades das novas tecnoloxías. Xa sabemos que en internet pódense encontrar actividades educativas entretidas, interesantes e de gran calidade, pero moitas veces non se axustan aos nosos obxectivos fixados con anterioridade ou á nosa forma de plantexar as actividades.
Dito isto, pasamos a comentar a primeira ferramenta que utilicei para crear unha actividade que xa veredes en entradas póstumas. Trátase da plataforma Kubbu, a cal ofrece un software para construír e almacenar exercicios interactivos online e de maneira gratuíta (sempre e cando a clase á que vai dirixida non supere os 30 estudantes). Non precisa ningún tipo de instalación, é de fácil acceso e sinxela de empregar. Conta con numerosos tipos de actividades variadas:

- Match: tipo dominó no que tes que asociar unha definición coa súa resposta. Adecuada para empregar na aula á hora aprender palabras novas, sinónimos, antónimos, etc.
- Divide: clasificar diferentes conceptos ou definicións dentro de categorías ou grupos.
- Slider: xerar tres tipos de tests distintos:
- Sinxelo: unha única respuesta correcta entre catro opcións.
- Resposta múltiple: máis dunha opción correcta.
- Climb up: subir dificultade das preguntas a medida que o test avanza.
- Composer: xerar cuestionarios con opcións de resposta sinxelas e múltiples, ou falso e verdadeiro. Permite traballar con sons e imaxes para crear unha experiencia multimedia e interactiva.
- Crossword: crucigramas que se xeran de forma automática tras darlle ao programa unha serie de palabras e definicións.
Esta aplicación déixanos imprimir os xogos, os crucigramas e os cuestionarios que creemos, coas súas follas de respostas para a posterior revisión, xa que podemos controlar tanto o rendemento da clase coma comparar e ordenar as avaliacións segundo os diferentes criterios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario