Ola de novo!
Como xa sabedes, despois da elección do tema tocou elexir un proxecto final das opcións que tiñamos. As miñas compañeiras máis eu decantámonos por facer unha revista dixital. Un dos motivos desta escolla débese, principalmente, a que nos parece un recurso interesante para as nenas e os nenos, pois ao tratarse dunha revista verán isto como un entretemento e non como unha tarefa máis de clase.
Tras acceder aos recursos web proporcionadas pola profesora, as páxinas que me pareceron máis interesantes de tratar e útiles para o noso proxecto son:
Letter Pop: É unha plataforma con plantillas prediseñadas que facilitan o proceso de creación dos diversos proxectos, desde revistas ata boletíns, anuncios, invitacións ou mesmo collages de fotos. Persoalmente non coñecía esta páxina, e a priori parece moi sinxela de empregar, polo que a teremos en conta á hora de realizar a revista dixital.
Revista Comunicar: É unha revista científica trimestral bilingüe, especializada en educomunicación (comunicación e educación), polo que ademais de poder empregala como referencia, poderemos tamén ser "consumidores" dela, pois é accesible a texto completo de forma gratuita. Este grupo fai uso da plataforma Issuu para a creación e o visionado da revista online, plataforma que xa coñecía e que xa teño empregado en traballos anteriores. Por experiencia propia, como ben acabo de mencionar, é de dicir que non soamente é bastante práctica, senón que tamén é unha das páxinas candidatas para levar a cabo o noso proxecto final por todas as facilidades que ofrece.
Joomag: É una plataforma dixital que permite crear revistas, boletíns, folletos e catálogos. Ofrece unha gran variedade de modelos e a posibilidade de compartir os resultados, polo que tamén a teremos en conta á hora de realizar o proxecto. Se queres ver un pequeno tutorial sobre o seu funcionamento podes clicar aquí.
Por último e para non daros máis a lata, espero que vos gustase, que vos servira de axuda e se aprendestes algo novo destes recursos tanto lendo este post coma de visitalas, contenta que quedo.
Ata a próxima amigxs!!!
Ata a próxima amigxs!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario