Canto tempo amigxs!
Hoxe volvimos a reunirnos as membras do grupo para ensinarvos un novo recurso, unha webquest: "Ponte o mandil". Este é un recurso no que todo o alumnado pode, dunha forma entretida e educativa, aprender novos contidos sobre calquera tema. Nós relacionamos este recurso cos hábitos saudábeis, por iso, a súa actividade final (indivudal) será a comparación da súa comida habitual coa súa nova dieta mediante a elaboración dun menú equilibrado e variado no que se terá en conta aspectos como as estacións do ano.
Para axudar aos pequenxs, proporcionámoslle unha variada serie de enlaces web con información sobre os alimentos. Esta mesma información serviralles de axuda para poder elaborar un menú saudábel organizado en grupos que, ademais de ser unha tarea para a clase, poderán aplicalo para o seu día a día. Nesta actividade teremos en conta o traballo colaborativo, a creatividade e a elaboración dun menú completo. Ademais da capacidade de reflexión que fagan na comparación.
Estade atentxs ás seguintes entradas, estamos seguras que vos gustarán 😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario