Ola!
Xa estou de novo por aquí, hoxe para falarvos sobre xeradores de crucigramas.
Cross Word Puzzle Games é unha plataforma que permite crear crucigramas imprimibles e de diferentes tamaños. É un bo recurso para empregar cando non se conta con ordenadores nas aulas, pois estes crucigramas non se poden facer de maneira online.
Crossword Puzzle Maker é outra plataforma similar a anterior, cunha interfaz máis visual, pero sen a posibilidade de facer a actividade online. Educima tamén ofrece a posibilidade de crear crucigramas, de feito fixen un nesta páxina, pero ante a imposibilidade de poder facelo de maneira online, decidín facelo en Educaplay.
Permanecede atentxs que aínda quedan moitos recursos por descubrir!
mércores, 27 de marzo de 2019
Ferramentas TIC para xerar actividades educativas. Kubbu
Moi boas a todas e a todos, xa estamos de volta!!
Nesta entrada e nas seguintes, tanto as miñas compañeiras máis eu, imos a falarvos sobre as ferramentas TIC que permiten xerar actividades multimedia educativas dentro da pedagoxía. Cando sexamos docentes e comecemos a impartir clases empregaremos numerosos dispositivos tecnolóxicos, os cales, se son utilizados de maneira correcta, convértense nunha ferramenta poderosa para buscar unha mellora na atención e no rendemento académico do alumnado. Cabe mencionar que a pesares destes avances nos instrumentos didácticos, elevándose con eles a calidade da labor coma mestras e mestres, non podemos descoidarnos da redacción e da habilidade de escribir en papel, que poden chegarse a malograr sen non as temos en conta.

Necesitaremos materiais que se adapten ás novas formas de presentar tanto os contidos coma o método de traballo escollido, sen esquecernos da relevancia que ten adaptarse a totalidade e a diversidade de alumnado dentro da aula. Seguramente pasemos gran parte do noso tempo buscando en internet recursos didácticos relacionados coa materia a dar, ben sexan presentacións, mapas conceptuais, vídeos... cos cales motivar e sacarlle o máximo proveito ás posibilidades das novas tecnoloxías. Xa sabemos que en internet pódense encontrar actividades educativas entretidas, interesantes e de gran calidade, pero moitas veces non se axustan aos nosos obxectivos fixados con anterioridade ou á nosa forma de plantexar as actividades.
Dito isto, pasamos a comentar a primeira ferramenta que utilicei para crear unha actividade que xa veredes en entradas póstumas. Trátase da plataforma Kubbu, a cal ofrece un software para construír e almacenar exercicios interactivos online e de maneira gratuíta (sempre e cando a clase á que vai dirixida non supere os 30 estudantes). Non precisa ningún tipo de instalación, é de fácil acceso e sinxela de empregar. Conta con numerosos tipos de actividades variadas:

- Match: tipo dominó no que tes que asociar unha definición coa súa resposta. Adecuada para empregar na aula á hora aprender palabras novas, sinónimos, antónimos, etc.
- Divide: clasificar diferentes conceptos ou definicións dentro de categorías ou grupos.
- Slider: xerar tres tipos de tests distintos:
- Sinxelo: unha única respuesta correcta entre catro opcións.
- Resposta múltiple: máis dunha opción correcta.
- Climb up: subir dificultade das preguntas a medida que o test avanza.
- Composer: xerar cuestionarios con opcións de resposta sinxelas e múltiples, ou falso e verdadeiro. Permite traballar con sons e imaxes para crear unha experiencia multimedia e interactiva.
- Crossword: crucigramas que se xeran de forma automática tras darlle ao programa unha serie de palabras e definicións.
Esta aplicación déixanos imprimir os xogos, os crucigramas e os cuestionarios que creemos, coas súas follas de respostas para a posterior revisión, xa que podemos controlar tanto o rendemento da clase coma comparar e ordenar as avaliacións segundo os diferentes criterios.
Quebracabezas
Canto tempo blogueirxs!
Nesta entrada gustaríame ensinarvos un recurso moi sinxelo para crear quebracabezas como é Jigsaw. Esta ferramenta é do máis sinxelo que poderedes atopar, pois ben, só é preciso ter unha conta de correo electrónico para poder rexistrarte e,unha vez feito isto, elixes unha imaxe que se convirtirá nun quebracabezas coa cantidade de pezas que ti elixas. A cada imaxe podes engadirlle un título para poder distinguilos e que sexan mais doados de atopar na túa conta persoal.
Outro recurso para a creación de quebracabezas pode ser Puzzlemaker. Este tamén e doado de usar e, ademais, conta cun filtro que evita a creación de palabras que poidan ser ofensivas e coa opción de poder imprimilo para poder recortalo e pegalo na aula.
Non pechedes os ollos que seguimos engadindo máis recursos 😊
mércores, 20 de marzo de 2019
Rastrea-quest
Canto tempo amigxs!
Hoxe volvimos a reunirnos as membras do grupo para ensinarvos un novo recurso, unha webquest: "Ponte o mandil". Este é un recurso no que todo o alumnado pode, dunha forma entretida e educativa, aprender novos contidos sobre calquera tema. Nós relacionamos este recurso cos hábitos saudábeis, por iso, a súa actividade final (indivudal) será a comparación da súa comida habitual coa súa nova dieta mediante a elaboración dun menú equilibrado e variado no que se terá en conta aspectos como as estacións do ano.
Para axudar aos pequenxs, proporcionámoslle unha variada serie de enlaces web con información sobre os alimentos. Esta mesma información serviralles de axuda para poder elaborar un menú saudábel organizado en grupos que, ademais de ser unha tarea para a clase, poderán aplicalo para o seu día a día. Nesta actividade teremos en conta o traballo colaborativo, a creatividade e a elaboración dun menú completo. Ademais da capacidade de reflexión que fagan na comparación.
Estade atentxs ás seguintes entradas, estamos seguras que vos gustarán 😉
mércores, 6 de marzo de 2019
Tres recursos para escoller
Boas a todxs!
Hoxe voltamos a un mesmo post as tres autoras deste blog para presentarvos os nosos respectivos recursos que elaboramos con cansúa aplicación. Todas tratamos de promover os hábitos saudábeis de diferentes maneiras:
A través da historia de Brais, un neno un pouco descoidado, fixen un Storytelling que podedes ver en Youtube (Historia de Brais). A aplicación Powtoon foi a que me permitiu crear este vídeo, co cal creo que os alumnos e alumnas máis pequenxs poderán aprender unha historia con moraleja.
Fixemos tamén un videoquiz do vídeo de Hábitos de alimentación no que se avalía a atención prestada facendo preguntas durante a reprodución do recurso. Este foi realizado en Educaplay, plataforma moi versátil e sinxela de empregar.
martes, 5 de marzo de 2019
Engadimos ferramentas
Os recursos multimedia son unha ferramenta importante para as aulas dos máis cativos e cativas polo que, ao igual que as miñas compañeiras, vouvos ensinar algúns recuros que vos poden ser útiles para a docencia:
👉 Powtoon: esta é a ferramenta que eu utilicei para o meu recurso, un storytelling. Esta páxina é bastante coñecida xa que a través de imaxes e sons podes plasmar as historias que queiras, dende unha explicación académica ata unha historia ficticia. É moi útil e sinxela de usar, conta con opcións en balde e outras premium polas que hai que pagar.
👉 Unha aplicación moi innvadora para a xeración de cómics e debuxos animados é Xtranormal, está permite a creación de mundos en 3D con diferentes escenarios, música e efectos, os inconvintes máis destacables son que a maioría de opcións son de pago e a voz de sintetización é en inglés. Esta ten grandes vantaxes pero tamén grandes inconvintes
👉 Edpuzzle:esta é unha aplicación que permite crear vídeos con preguntas que o alumnado poderá responder e a profesora ou profesor poderá ver os resultados e avalialos. É unha aplicación gratuíta sinxela e moi útil dentro da aula xa que o/a docente poderá grabarse así mesmo ou simplemente poñer a súa voz e facer preguntas con resposta múltiple, abertas ou de encher ocos.
👉 Á hora de facer un vídeotutorial de Microsoft recomendo Movie Maker. Esta é bastante coñecida polo que existen bastantes videos en Youtube que che sirvirán de explicación para como utilizar devantita aplicación, un moi completo é o de Libra Producciones.
Agardo que vos fosen útiles as miñas recomendacións, vémonos no seguinte post!

EducaTIC
Ola!
Xa estou de novo por aquí. Hoxe vos veño a ensinar novas ferramentas que poderedes empregar na creación de recursos multimedia para a aula. Antes de nada, espero que xa lle botarades unha ollada ás ferramentas das que vos falou a miña compañeira na entrada anterior, pois son moi útiles e prácticas.
Dito isto, preséntovos algunhas ferramentas máis:
historias propias, empregando elementos dixitais diseñados dunha forma moi atractiva para motivar a creatividade dos máis pequenxs.
Espero que estes minutiños que empregástedes en ler isto os foran de utilidade para coñecer algunhas das moitas ferramentas que temos a nosa disposición para a práctica da docencia.
Vémonos pronto!
Recursos multiTIC
Paréceme que é importante comunicarvos a todxs os que estades a ler isto nestre intre, sobre todo a aquelas persoas relacionadas co mundo educativo, que existen unha gran cantidade de ferramentas a nosa disposición para crear e deseñar recursos multimedia adaptados ás aulas e aos máis pequenxs. Entre todos eles encontramos:
👉 Book Tráiler é unha ferramenta atractiva para usar na clase e fomentar a lectura, xa que se trata dun pequeno vídeo que promociona ou anticipa un libro en Internet. Soen ser de curta duración e gran intensidade para captar a novxs lectores que están máis vinculados ás series e á televisión. A través de imaxes e audios intentarase mostrar o contido do libro que se pretende promocionar ou anticipar. Tampouco é tarefa sinxela, cómpre traballo e implicación no proxecto.
👉 Para a creación dun cómic ou de debuxos animados destaco Maje Beliefs Comix e Pixton. A primeira foi a que utilicei para facer o meu cómic, sinxela de uso e con moitas opcións para elixir. Logo está Pixton, outro xerador de cómics moi completo que deixa tanto personalizar os personaxes coma engadirlles expresións e posturas. O único que non me gustou desta última aplicación, foi que precisas rexistrarte con anterioridade.
👉 Cando queramos facer un videotutorial temos que saber como realizar unha captura do vídeo e da pantalla propia para poder mostrar o que se está a facer. Recomendo utilizar Atube-catcher, un manual que nos ensina paso a paso como facelo e de maneira amena.
👉 Stop Motion é un recurso moi usado na animación que consiste en dotar de movemento a obxectos estáticos mediante unha sucesión de imaxes fixas. Require traballo e paciencia, posto que tes que fotografar fotograma a fotograma pequenos cambios de figuras ou materiais maleables como son a plastilina, algúns bonecos pequenos ou recortes de papel. Déixovos un pequeno exemplo para que vexades a dinámica e vos riades un rato: https://www.youtube.com/watch?v=JIWORIShMi0.
👉 Storytelling permite ao alumnado crear unha historia real ou ficticia (relacionado co tema de estudio) de tal maneira que lle estamos dando a oportunidade de aprender dunha maneira innovadora e motivadora para eles, buscando unha aprendizaxe significativa. É un medio de entretemento visto como unha ferramenta educativa moi eficaz. Unha páxina para crealo sería Story Bird.
Para concluír, escollamos unha ferramenta ou outra, temos que ter sempre presente a quen vai dirixido, debendo de estar adaptados ás súas idades e capacidades. Ademais, non se trata de pór un montón de cousas, antes calidade que cantidade, por isto hai que facer un contido que recolla todo de maneira sintética pero exhaustiva.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)