Coas gafas no bolsillo e a chaqueta na mán... esto xa está chegando o seu fin, xa remata esta aventura e os catro meses de traballo realizado na materia de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria.
Estou contenta por haber desenvolto e adquirido máis soltura no que respecta ao uso das TIC, sobre todo á hora de crear actividades e recursos interactivos, así como á hora de pensar e sacar adiante unha idea que, quen sabe, ao mellor a emprego nun futuro coma docente. É importante fortalecer as competencias e as habilidades que teñan relación coas tecnoloxías, identificando, analizando e reflexionando sobre os contidos que están na rede, adaptándoo todo deste mundo da sobreinformación á idade dxs máis cativxs.
Moitas grazas polo voso seguimento e recordade, se cambias os teus hábitos, cambia a túa vida 💖.