mércores, 10 de abril de 2019

Google Arts & Culture

Ola!

   Para rematar coa recopilación de entradas comentando diversos recursos, véxome na obriga de falarvos de Google Arts & Culture, pois non coñecía esta páxina e paréceme unha boa alternativa para traballar na aula. 

   Esta plataforma é como un museo virtual de todos os museos do mundo, na que se poden descubrir e contemplar obras de arte online con todo detalle. Actualmente hai máis de 45.000 obras en alta resolución e cada obra inclúe un panel informativo que permite ao alumnado coñecer máis acerca dunha obra pictórica concreta. Indagando na páxina atopei diferentes galerías moi interesantes que poderían ser tratadas na aula para tratar o tema dos hábitos saudábeis, como poden ser Alimentación y Cultura e Historia de la bicicleta. Ademais, tamén conta con reportaxes fotográficas, entre as que atopei interesantes: Héroes del deporte e La cocina de la libertad.

   E ata aquí a búsqueda de novos recursos; permanece atentxs, que pronto vos traeremos os nosos propios recursos!


Liña ou bingo?

  Hoxe tráivos unha nova forma de xogar ao bingo nas aulas.

  Con Tools for educators poderedes crear bingos con textos ou imaxes personalizables e imprimibles. Poden ser de 3x3 ou 4x4 de calquera temática e en calquera idioma. Mentres que con Print-bingo tendes varias opcións para imprimir as tarxetas, poden ser as estándar numeradas, unhas personalizadas con palabras ou frases ou simplemente tarxetas en branco.

  Ámbalas dúas ferramentas son moi sinxelas de usar e non necesitan nin rexistrarse, simplemente escolles a tarxeta que máis che guste, imprimes e a xogar!

Crear pósters e murais

 Moi boas!! Xa estamos de novo por aquí para traervos as últimas ferramentas TIC que vos permiten xerar actividades educativas, esta vez trátase de...
 É unha ferramenta que permite crear pósters e murais dixitais multimedia, coa opción de imprimilos ou de insertalos nunha web (blog), puidendo proxectalos en clase mediante unha pizarra dixital (PDI) como apoio á presentación de determinados contidos didácticos. Para imprimir o mural simplemente pulsamos sobre el co botón dereito do ratón. A aplicación é moi coñecida e utilizada no entorno educativo, precisas rexistrarte pero é fácil, divertida, creativa e con moitas posibilidades lucrativas.

 Nos pósters interactivos pódese incluír texto, adornos vistosos, vídeos, imaxes, audios, etc. Cando lle demos a crear o póster, abrirase unha páxina que conta con oito seccións:
- Graphics: insertar todo tipo de deseños decorativos.
- Text: insertar texto simple ou insertalo en diferentes marcos.
- Image: añadir fotos e imaxes.
- Vídeo: incluír vídeos desde o noso ordenador ou desde Youtube.
- Sound: añadir audios.
- Data: introducir datos.
- Draw: realizar debuxos.


 Axúdanos a fomentar a creatividade entre o noso alumnado e permite realizar e resumir conceptos, realizar recopilacións de audios e vídeos, exposición de fotografía e imaxes, presentar lecturas, xogos, traballos, artigos, etc.

mércores, 3 de abril de 2019

Sopa de letras

Ola!

   Hoxe vouvos falar de xeradores de sopas de letras; Ensopados é unha plataforma online que permite crear sopas de letras dunha forma moi sinxela. Podes elexir o tamaño, que vai dende 7x7 ata 19x19; a direción das palabras, poidendo incluír palabras invertidas e que aparezan ou non nunha lista as palabras a buscar. Esta sinxela plataforma permite imprimir o recurso ou facelo de forma online en tempo real.

   Persoalmente penso que é un bo recurso para nenxs de 4º de Educación Primaria, pois este tipo de pasatempos requiren concentración, estratexia e memoria; todo isto supón un esforzo mental do pequeno, que potencia tanto a súa capacidade lingüística como a súa axilidade de cálculo.

   Hai múltiples plataformas onde facer estes recursos, como Educima que aínda que é moi práctico, non ofrece a posibilidade de xogar online, só permite imprimir o recurso e modificar cantas veces queiras a sopa de letras, ou Educaplay, plataforma da que xa vos falamos anteriormente e que empregaremos para facer diversas actividades polo práctica e útil que é.

   Estade atentxs, pronto vos traeremos máis novidades.


Mapas conceptuais


  Aquí de novo!

  Hoxe gustaríame falarvos sobre 2 recursos para a creación de mapas conceptuais, Mindomo e Wikimindmap.

  Mindomo é unha páxina moi cómoda e sinxela de usar, pois ben, o único requisito que precisa é que elixas a túa interfaz (estudiante, profesor/a ou persoal/negocios) e te rexistres co teu correo electrónico. Nun principio presentase como gratuíta, pero se queres elaborar un número ilimitado de mapas ou acceder a algunhas aplicacións especiais deberás escoller a opción de pago. A gran vantaxe que Wikimindmap ten sobre esta é a dos hipervínculos, pois ben, con esta última a través dunha palabra ou frase podemos ter toda a información que queiramos en forma de diagrama. 

  Estas dúas ferramentas son moi útiles para todos os cursos pero, en especial, para 4º de primaria (curso ao que van enfocados todos os nosos recursos), pois é un curso no que se deben sentar unhas boas bases para aprender a estudar e así comezar a facer exames.








Nubes de palabras

 Ola de novo!

 Hoxe vouvos falar sobre dous xeradores de nubes de palabras:
 É unha aplicación en liña gratuíta que serve para xerar nubes de palabras ás cales se lle poden dar diversos formatos visuais, a partir dun texto libre ou mesmo dun texto que contén unha web determinada. Para a docencia trátase dunha ferramenta sinxela e motivadora coa que plantexar numerosas actividades de aula. Simplemente debemos acceder a ela e pulsar en Crear, deste modo accedemos a outra páxina na que xa poderemos escribir o texto, a URL dun blog ou sitio web e darlle o deseño que máis nos guste.

 Puntos a favor:
- As nubes dan maior prominencia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto de orixe.
- Pódese variar a letra, as cores e a disposición das palabras.
- Cun código necesario pódese insertala no voso respectivo blog ou web. 
 Puntos en contra:
- A aplicación encárgase de eliminar cifras, signos de puntuación e palabras demasiado usuais como artigos e preposicións.
- Non se pode gardar a imaxe directamente.

 Tamén é unha aplicación en liña e gratuíta que serve para xerar nubes de palabras (coma o seu nome indica) a partir dunha lista de palabras, texto ou URL que daremos nós. Tras isto pódese personalizar as cores, escoller un deseño de forma para a nube de tags, a fonte, etc.
Posee moitas opcións que a converten nunha app bastante práctica para utilizar na aula co alumnado, resaltando graficamente as palabras clave dun unidade didáctica.