mércores, 20 de febreiro de 2019

Post-ureando

 Como vai todo?

 Hoxe traémosvos novidades! Como xa sabedes, estivemos na procura de recursos TIC para traballar os hábitos saudables na escola. Esta tarefa foi algo custosa no que respecta á búsqueda de ferramentas, aplicacións, xogos didácticos, vídeos... especializados no tema e, sobre todo, adaptados á idade que abrangue os cursos de primaria.

 Os diversos recursos TIC que as tres compoñentes dos Ánxeles de Charlie eleximos, están recollidos nas tres entradas anteriores (Se aínda non as listes, baixa co ratón para abaixo, son de gran interese ⏬). Ben, dito isto, que aportarán ao noso proxecto de revista dixital que as outras non teñan? Non podemos negarvos que algúns dos recursos seleccionados seguro que xa vos son familiares, un exemplo claro serían as xa coñecidas e popularizadas charlas TEDx. Aínda así, cremos que o resto de recursos son moi prácticos para ser empregados polo docente na aula, innovadores e novidosos ao noso parecer, actualizados para a época tecnolóxica na que nos encontramos e moi amenos para xs máis pequenxs.

martes, 19 de febreiro de 2019

O novo TIC-TAC

  Como ben dixo a miña compañeira no seu anterior post, a ensinanza está a sufrir un sosegado cambio, un lento TIC-TAC,  pola aparición de novas ferramentas didácticas como son as TIC.

  Ensinar dunha forma amena e divertida nunca foi tan doado coma ata agora, as novas tecnoloxías encántanlles aos máis cativos polo que, todo o profesorado debe estar a altura e permitirlles desenvolverse neste medio e que ir á escola se convirta nun mero pasatempo.

 

  Entre toda a infinidade de recursos TIC que existen, os 3 que seleccionei que máis se adaptan ao noso proxecto son:



 Este é un canal de Youtube que presenta unha infinidade de vídeos nos que os mais cativos aprenderan dende as notas musicais ata as tablas de multiplicar en inglés. É un canal gratuito que adapta cancións para nenos e nenas de ata 12 anos. Un exemplo dos vídeos é a "Canción de las frutas" , no cal todos e todas aprenderan cantando e bailando o nome e características das froitas.




  Este é un recurso web orientado a nenos e nenas de 2 a 8 anos que conta cunha inmensa cantidade de xogos para que aprendan inglés dunha forma divertida. Todas as actividades están agrupadas por idades e categorías, segundo o que queiras aprender, por exemplo, se elixes actividades de hixiene contas con 4 xogos diferentes relacionados coa hixiene persoal. Tamén conta cun blog no que os pais e nais poden deixar consellos ou ideas que lle sirvirán de axuda a outros.

Como vemos na foto, conta cun abanico de categorías que serán moi útiles para todos os mestres e mestras, xa que os máis cativos poderán aprender dende o abecedario ata as partes da cara.






  Esta páxina, que ten por lema a puericultura, serve para educadores, pais e nais e nenos e nenas, que contan con varios apartados enfocados a cada un deles. No caso dos maiores podemos encontrar un apartado para as últimas noticias, un blog e ata a posibilidade de comprar xoguetes que che enviarán ao teu domicilio.


Este recurso tamén conta cunha aplicación para o móvil enfocada aos bebés, eMyBaby. Ten varios apartados como son o vixía bebés, unha ficha médica onde poderás apuntar a súa evolución ou unha opción multimedia con cancións e sons.













TICmanía

 Que hai de novo?
 Hoxe vos traio tres novos recursos para empregar na aula e facer máis ameno e atractivo o tema dos hábitos saudábeis:

Las aventuras de Spoti



 Trátase dun xogo interactivo que ten como finalidade fomentar os hábitos saludables nxs nenxs a través da realización de 12 minixogos que teñen que superar para que Spoti chegue ao final da colina, onde se atopan os seus amigxs. Ademais inclúe unha guía e unhas fichas informativas e de actividades para complementar ao xogo.


Hábitos de alimentación


 Vídeo didáctico e atractivo que en menos de cinco minutos fai un breve resumo dos hábitos de vida saudábeis máis básicos. Ideal para unha primeira toma de contacto do alumnado.


Just Dance

 Trátase dun videoxogo musical no que xs nenxs terán que copiar a coreografía que se mostra na pantalla. Polo xeral, xógase cunha videoconsola e grazas ao emprego dos mandos poderase levar a cabo un ranking. Sen embargo, de non poder contar con este dispositivo, pódese facer uso dos vídeos que hai colgados en YouTube. Ademais, de esta maneira, non existirá a competitividade e non haberá pelexas por coller os mandos. É unha alternativa ideal para ocasións especiais.

 En definitiva, esta só é unha pequena selección da multitude de recursos que hoxe en día podedes atopar na rede para traballar os hábitos saudables na escola.

 Isto é todo amigxs, vémonos pronto!

martes, 12 de febreiro de 2019

Un recuncho con recursos TIC

 Na actualidade, xa sabemos que as novas tecnoloxías desempeñan un papel destacable dentro do ámbito escolar, xerando entre a diversidade de alumnado existente, un incremento positivo no proceso da aprendizaxe. Con isto demóstrase un dos moitos beneficios que a aplicación da informática ofrece á educación.

Fonte: http://www.tecnohotelnews.com/2015/09/las-nuevas-tecnologias-eje-del-congreso-turismo-para-todos/#prettyPhoto[pp_gal]/0/

 As numerosas ferramentas TIC proporciónanlle á docencia, entre outras cousas, novas opcións de ensinanza e estratexias para que o alumnado aprenda dunha maneira máis rápida, fomentando ao mesmo tempo a súa creatividade; tamén lles permite realizar adaptacións específicas para aquel alumnado que presente dificultades na aprendizaxe, sendo, ademais, unha gran axuda para o progreso daqueles alumnos e alumnas que posúan algún tipo de discapacidade, enfermidade ou trastorno.



 Tralo anteriormente dito e seguindo as indicacións da docente, propúxenme antes de nada a revisar os enlaces amosados nunha carpeta do curso. Das páxinas consultadas, estas dous son as que máis me gustaron:


 Neste enlace podedes encontrar xogos educativos online e gratuítos tanto para infantil coma primaria (cos seus respectivos cursos). Indo a calquera destes dous apartados e pinchando sobre as ciencias naturais, amósanse algúns xogos relacionados co tema dos hábitos saudables, dando a oportunidade aos nenxs de coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, as froitas, a enerxía que temos durante o día... Todo isto mentres unha/un xoga, posto que non hai mellor método para aprender que xogando.


 Este blog recolle unha serie de ferramentas, vídeos e noticias sobre a educación que a web 2.0 proporciona, sendo susceptibles á hora da súa utilización nas aulas. Entre todas elas destaco unha xa mencionada na precedente entrada miña (se aínda non a liches, invítote a que a leas presionando co ratón aquí):





 Logo busquei tres recursos TIC prácticos na súa aplicación para o noso proxecto (a revista dixital  por se non vos acordades😉).
 Tanto as miñas compañeiras coma eu tivemos en conta a variedade, escollendo entre a infinidade de recursos nove que ao noso parecer son moi funcionais e adaptados aos máis pequenxs da casa. Hai desde contidos audiovisuais ata algúns xogos, aplicacións, contos infantís...

 TEDx



 Un programa dedicado ás "ideas dignas de difusión", coñecido polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas (TED Talks) que cobren un amplo abanico de temas que inclúen ciencias, deseño e artes, educación, entretemento e política entre outros. Hai máis de 1000 charlas TED disponibles en liña para consultar en calquera idioma e coa posibilidade de descargalas gratuitamente.
 Dentro deste gran abanico topamos numerosas charlas sobre os hábitos saudables. O importante ademais disto é que as charlas soen ser curtas, de fácil comprensión e cunha meta fixada, sendo recomendables para os cursos a partir de 4º de primaria. Un exemplo dos moitos vídeos que podedes consultar tanto nesta aplicación coma en youtube mesmo son:




Actividades de guía para os docentes


 A continuación, déixovos algúns documentos con actividades que serven aos docentes para realizar nas súas aulas, con tema principal os hábitos saudables.

 Neste documento desenvólvense 25 actividades sobre a boa alimentación, tendo en conta a agricultura (ecolóxica) e o medio ambiente. Todas teñen unhas previas indicacións que obviamente poden ser movibles ao gusto do docente.


 Este documento recolle e toca temas como a actividade física, a alimentación e a hixiene; habendo un caderno de actividades para o alumnado de 7 a 9 anos: Jugamos todos. Descubriendo hábitos saludables.




 É unha plataforma da Fundación Pfizer que ten como finalidade crear bos hábitos nxs máis pequenxs da familia, resultando fundamental para previr enfermidades actuais e futuras. Pretenden axudar aos educadores e aos país/nais na xeración de comportamentos responsables nxs nenxs para conservar a súa saúde.

 Recóllense diversas fichas pedagóxicas para imprimir, actividades para realizar na casa e un videoxogo online dispoñible en diferentes idiomas. Con isto aprenden acerca dunha alimentación saudable, a actividade física e a importancia dunha boa hixiene, todo isto a medida que avanzan por diferentes escenarios no xogo coa axuda das fichas informativas. Tamén se fomenta a prevención dos hábitos nocivos como o consumo de tabaco e alcohol. Esta plataforma está destinada as idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Deben solucionar diferentes probas para chegar á "Sala do consello dos sete sabios", onde alcanzarán o final de City Salud.



sábado, 9 de febreiro de 2019

O éxito dunha elección

Boas a todxs!

 Hoxe vouvos a falar sobre os diferentes recursos que escollimos as miñas compañeiras mais eu para axudarnos a realizar o futuro proxecto de revista dixital.

 Como ven sabedes unha elección nunca é doado, e mais cando é algo polo que te van avaliar, por iso pensamos na revista, un recurso doado, visible e fácil de acceder. Para a elaboración desta consultamos os diferentes recursos que nos ofreceu a profesora. Os máis destacables son:

 Lucidpress: esta é unha plataforma de creación de publicacións dixitais a cal che permite crar un libro dixital de forma colaborativa, isto é grazas a que se poden facer comentarios, usar o chat ou engadir editores. O mellor desta páxina é que se pode acceder a ela dende calquer dispositivo independentemente da marca ( tanto IOS, como Windows ou Android) e, ademais de ser sinxela de manexar é gratuita!

 QuadernsDigitals: un proxecto tanto de docentes como do alumnado valenciano o cal está sobre todo enfocado as novas tecnoloxías e á sociedade. A páxina web desta resvista conta cunha gran disposición e clasificación, na parte superior aparécenche as webs amigas, noticias, a hemeroteca e a biblioteca... unha páxina moi completa xa que ademais podes elexir ti o idioma (castelán, catalán ou portugués)

 Calameo: pode que sexa o editor de revistas máis completo e coñecido. Este recurso, gratuito, conta con innumerables funcións o cal o convirte nun recurso excelente para a publicación de revistas escolares (ademais de PDF tamén che deixa subir PowerPoints). Permite a insercción de vídeos, música ou calquer sonido que elixamos para pasar as páxinas da publicación e facelo así máis entretido, de todos os recursos este, o máis recomendable.

 Para finalizar, só queda dicir que agardo que vos gusten as miñas recomendacións e que vos sexan útiles para os vosos proxectos.
 


martes, 5 de febreiro de 2019

Voltamos a páxina

 Ola de novo!
 Como xa sabedes, despois da elección do tema tocou elexir un proxecto final das opcións que tiñamos. As miñas compañeiras máis eu decantámonos por facer unha revista dixital. Un dos motivos desta escolla débese, principalmente, a que nos parece un recurso interesante para as nenas e os nenos, pois ao tratarse dunha revista verán isto como un entretemento e non como unha tarefa máis de clase.

 Tras acceder aos recursos web proporcionadas pola profesora, as páxinas que me pareceron máis interesantes de tratar e útiles para o noso proxecto son:

 Letter Pop: É unha plataforma con plantillas prediseñadas que facilitan o proceso de creación dos diversos proxectos, desde revistas ata boletíns, anuncios, invitacións ou mesmo collages de fotos. Persoalmente non coñecía esta páxina, e a priori parece moi sinxela de empregar, polo que a teremos en conta á hora de realizar a revista dixital.

 Revista Comunicar: É unha revista científica trimestral bilingüe, especializada en educomunicación (comunicación e educación), polo que ademais de poder empregala como referencia, poderemos tamén ser "consumidores" dela, pois é accesible a texto completo de forma gratuita. Este grupo fai uso da plataforma Issuu para a creación e o visionado da revista online, plataforma que xa coñecía e que xa teño empregado en traballos anteriores. Por experiencia propia, como ben acabo de mencionar, é de dicir que non soamente é bastante práctica, senón que tamén é unha das páxinas candidatas para levar a cabo o noso proxecto final por todas as facilidades que ofrece.

 Joomag: É una plataforma dixital que permite crear revistas, boletíns, folletos e catálogos. Ofrece unha gran variedade de modelos e a posibilidade de compartir os resultados, polo que tamén a teremos en conta á hora de realizar o proxecto. Se queres ver un pequeno tutorial sobre o seu funcionamento podes clicar aquí.

 Por último e para non daros máis a lata, espero que vos gustase, que vos servira de axuda e se aprendestes algo novo destes recursos tanto lendo este post coma de visitalas, contenta que quedo.

 Ata a próxima amigxs!!!

domingo, 3 de febreiro de 2019

Folla a folla, palabra a palabra

 Comezar un proxecto non é unha tarefa sinxela, iso xa o sabemos, os inicios sempre custan. Por iso é importante elixir un tema que sexa atractivo non soamente para nós, quenes realizamos con moito agarimo este blog, senón tamén para ti, para todas esas persoas que estades a ler isto agora mesmo.
 Ademais do primeiro punto xa cidado, cabe destacares tanto o feito de ter unha boa organización coma o de posuír uns coñecementos previos sobre o tema escollido. Estes dous aspectos permiten construír positivamente os cimentos para chegar a cima do noso proxecto, o cal ides a vivir paralelamente connosco a través de cada unha das publicacións que semana a semana iremos subindo.


 Con respecto á creación de contidos, precisamos buscar e analizar portales web educativos e páxinas institucionais, cuxa información sobre a prensa sexa obxecto de estudo, recurso didáctico ou medio de expresión nos centros educativos. Coñecer e averiguar máis sobre a súa organización interna, o seu funcionamento, o seu uso, as súas actividades, os recursos multimedia que integran, as aplicacións informáticas que empregan para a súa elaboración...
 De igual modo, temos que saber como deseñar, crear, desenvolver e programar unha serie de secuencias didácticas que utilizaremos seguindo a nosa liña temática seleccionada.


 Coma primeira toma de contacto, consultei os seguintes recursos e sitios web:

 Educación tres punto cero: É unha páxina web que publica catro revistas ao ano. Titúlase "EDUCACIÓN 3.0. Líder informativo en innovación educativa". O último número pertencente ao mes de agosto é o número 32. Dentro deste formato encontrámonos con diversos apartados, algúns dos cales son: noticias, actualidade, análises, libros de consulta, tribuna de opinións, entrevistas...
 Poden sernos útiles os artigos que conteñen, os recuros dixitais, as innovacións educativas e algunhas das entrevistas realizadas para darnos idea de como podemos focalizar os nosos contidos propios sobre os hábitos saudables.


Fonte: https://www.pinterest.com.mx/pin/351140102172237928/
 La Voz de la Escuela: É un suplemento  escolar que publica La Voz de Galicia cada mércores con información para entender o periódico e orientacións sobre como enfocar as noticias desde un punto de vista pedagóxico, tal e como nos explica a páxina web. Dentro da nosa contorna xeográfica este medio é coñecido pola gran parte da poboación.
 A pesar de tratarse dun periódico e non dunha revista, amosa noticias interesantes e mesmo algunha que outra actividade lucrativa e didáctica para facer na aula. No último suplemento de cada mes, recóllese nunha páxina un calendario do mes seguinte, onde en cada un dos días aparece un dato destacable do mesmo, acompañado sempre dunha pequena imaxe ilustrativa. Na cabeceira do calendario obsérvase un debuxo, que a miúdo ten ao lado unha pequena oración representativa.


 Píxel Bit: É unha revista de medios e educación que nos indica xa no seu inicio, estando persoalmente moi de acordo con ela, que as TIC se están a converter nunha ferramenta de desenvolvemento e potenciación das nosas escolas e institucións formais. Está vinculada coa Universidade de Sevilla.
 Hai numerosos exemplares cunha táboa de artigos abundante e temas variados. Todos os temas teñen de enlace a aplicación das TIC, parecendo así de primeiras un asunto pouco relacionado cos hábitos saudábleis. Non obstante, permítenos adquirir aprendizaxes de maneira indirecta, visualizando a maiores como se organizan e a súa estrutura.


 Para concluír, considero que os recursos ofrecidos pola docente no documento "Proxectos de prácticas"  seranos de utilidade para o blog, algúns máis ca outros, pero podo asegurar que son unha axuda para os cimentos que precisamos á hora de construir o noso proxecto.