mércores, 30 de xaneiro de 2019

Mellorando o voso día a día

Bos días, boas tardes ou boas noites segundo o momento do día no que estés lendo este blog sobre os "Hábitos saudábleis".

Eu son Alba Fernández, alumna do Grao en Educación Primaria, e xunto coas miñas dúas compañeiras, Andrea Couceiro e Belén Fernández, realizaremos un proxecto de revista dixital con tema a tratar xa mencionado, os hábitos saudábleis.

Neste blog iremos recollendo diversos artigos que seguro que vos serán interesantes de ler para pasares un bo tempo de lecer, pero, sobre todo, para que saiades sabendo un pouquiño máis e vos concienciedes do importante que é manter unhas boas prácticas de vida saudable e estar contentxs con vós mesmxs.

Fonte: https://www.myfamilyfirstchiro.com/healthy-habits-summer/

O comezo dunha vida sa

Ola amigos e amigas!

Eu son Belén Fernández e xunto coas miñas compañeiras, Andrea Couceiro e Alba Fernández, trataremos de promover hábitos saudábeis na escola.

O motivo polo que nos decidimos a facer o proxecto sobre este tema é porque é un asunto de actualidade, debido aos altos índices de obesidade infantil que se están a dar nos últimos anos.

O noso obxectivo é fomentar unha vida activa e saudábel, formando aos nenos e as nenas nun ámbito ao que non se lle dedica o tempo suficiente nas aulas. Para elo, recopilaremos todo nunha revista dixital.

Espero que vos sexa de utilidade a lectura do noso blog e podades modificar os vosos hábitos para alcanzar unha vida plena.

Benvidxs á vida saudábel

Boas amigas e amigos!

Eu chámome Andrea e quero darvos a benvida ao meu blog ao longo do cal vos  vou falar sobre todos os ámbitos que abarcan os hábitos saudábeis e como afectan na educación primaria.

O meu grupo máis eu decidimos escoller este tema pola súa impotancia hoxe en día, son cada vez máis os casos de enfermidades relacionadas con este como poden ser a obesidade, a anorexia e a bulimia. Pero non so relacionado coa alimentación se non que tamén abarcaremos temas como hábitos de hixiene básicos, a importancia de lavarse as mans e os dentes.

Pensamos que é un tema do cal  se debe falar no colexio para así inculcar bos hábitos dende idades ben temperás xa que o non uso destos hábitos pode ter unhas consecuencias dañinas.

Espero que vos sirva para poder correxir ou mellorar os vosos costumes do día a día e así mellorar a vosa calidade de vida e conseguir tanto un benestar físico como mental.